Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)
Nunca Máis
Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
"A falacia da sustentabilidade"
colectivo editorial Renderén , 26.02.2008, (Id: 14521)
monográfico que acaba de sair feito e editado na Galiza

capa
capa

EMITINDO (inverno 2008)

«La vie crée l’ordre, mais l’ordre ne crée pas la vie.»

Levamos moito tempo emitindo sinal, dando as coordenadas de onde nos atopamos. Situámonos por riba do medo e do catastrofismo que nos impoñen os espectaculares dispositivos periféricos do Capital, para precipitar a súa necesaria abolición. Poñémonos por riba e non por baixo, para que non nos esmaguen as colunas que ergueron os xerarcas e que xa non poden soster por si mesmas o delirio da depredación global. E porque cremos que cantas máis persoas deixen de soster e apoiar, tanto mellor nos irá a todos os seres do planeta.

Porque nunca acreditamos na vida extraterrestre, levamos moito tempo dicindo que non queremos soster na nosa casa, a fame, a guerra, a explotación e a ignorancia que alimenta o luxo dos ricos. E non queremos que os entusiastas da orde sigan a atrancarnos a vida con publicidade sobre as bondades do sufrimento e da devastación controlada.

Levamos moito tempo emitindo sinal, dando as coordenadas de onde nos atopamos e do que non queremos. Non aceptamos as choreiras espectaculares como a da conferencia de Bali nin a chantaxe culpábel desa jihad ben-pensante que porfía en darlle senso ao temporizador e á mecánica da destrución planetaria. Non nos interesa esa matraca interminábel sobre as propiedades emancipadoras da tecnoloxía comecartos, a absurda reciclaxe do refugallo consumista e un desenvolvemento que non pode ser para todos.

Levamos moito tempo emitindo sinal, dicíndolles tamén a todas esas persoas que, pensando “en positivo”, cren atopar a súa “salvación” na presunción de auténticas actitudes individuais que, sentíndoo moito, tal intención non chega para deter este sistema enfermo que nos fai enfermar. A “revolución verde” xa está madura coa axuda dos millóns de brazos e cabezas que frecuentan o templo da propiedade e do consumo, porque pintarse e pintarnos de verde é a única saída que teñen os gobernos e as corporacións multinacionais ás que obedecen para reinventarse. De entrada, cando menos, o que podemos facer entre todas é levantarlles esa pintura verde sempre que nos cadre e restarnos da súa conta para aliviar unha recua que só perpetúa a dominación.

Logo xa é tempo de nos convocar para o debate público, sometendo novamente a observación, necesaria e deliberadamente diversa, as proclamas máis rechamantes dos valedores desa eira que se albisca tras da virtualidade do confort postmoderno. Con esta publicación queremos contribuír a estimular un auténtico debate libertario no noso contorno para ceibarnos da autocompracencia, do moralismo e das meias tintas que apuntalan a crise actual. Mais non pretendemos espallar doutrina. Renderén só acredita na expresión e na acción espontánea da xente, na creatividade que procura a máxima liberdade e o ben común.

Levamos moito tempo emitindo sinal, dando as coordenadas de onde nos atopamos e do que queremos. E non queremos escoitar nada que teña que ver coa sustentabilidade deste monstro en declive.


Colectivo Renderén
 http://renderen.blogpot.com
apartado de correos nº457 32080
OURENSE

pacman, 27.02.2008 (Id: 10443)


Desinforma "lA VOZ de su amo"

Opositores ao plan acuícola zarandean á conselleira de Pesca en Carnota

Xa son cinco as mulleres políticas agredidas por independentistas radicais.

Intentaron rebentar un mitin e cercaron a Carmen Gallego á saída da casa consistorial

Autor:
M.?Ares / J.?M.?Sande
Data
27/2/2008

A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, a punto estivo onte de saír mal parada de Carnota, onde acudiu a dar un mitin e atopouse con medio centenar de persoas, procedentes da Costa da Morte e da mesma vila na que ía intervir, portando pancartas, proferindo insultos e consignas contra ela e o plan acuícola, e ata lanzándolles ovos. Con todo, a socialista sufriría á saída do acto verdadeiros aprietos, xa que foi cercada e zarandeada polos manifestantes, cuxa acción non foi a maiores grazas á intervención de dous policías locais.

Nada máis chegar, Galego tivo que oír todo tipo de improperios ás portas da casa consistorial, en cuxo salón de actos ía celebrarse o encontro electoral. Xa dentro, as intervencións dos asistentes foron inútiles, posto que os concentrados permaneceron os 40 minutos que durou o mitin tocando tambores, bucinas e outros instrumentos, cantando, gritando e golpeando as fiestras do inmoble.

Os municipais intentaron en repetidas ocasións que os airados protestantes depuxesen a súa actitude, pero non o lograron. A conselleira apuntou na súa intervención no acto que ela estaba disposta a realizar un diálogo civilizado, pero nunca con «actitudes fascistas» como as que estaba sufrindo.

Cando os políticos se dispuñan a saír á rúa, os concentrados franquearon todas as portas da casa consistorial, coa presunta intención de impedir que a conselleira saíse doutra banda para evitar o tumulto. Carmen Gallego manifestou que sairía pola que entrara. E así foi.

Desde aí e ata o coche oficial, os policías tiveron que intervir para evitar que a conselleira sufrise agresións, pero a concentración de persoas ao redor de Galego era tan numerosa que foi imposible impedir empuxóns e zarandeos. Cando entrou no vehículo, numerosos manifestantes abalanzáronse sobre el e vivíronse instantes de máxima tensión.

O coche saíu velozmente do tumulto e, ao parecer, chegou a pisar o pé dun dos concentrados. Outra muller queixouse alí mesmo #recibir\\+se\\\\\\ un golpe dun policía.