Mais aparcadoiros para o aeroporto, pero menos transporte público
GAS
,
28.02.2008, (Id: 14581)
Durante os días 26 e 27 de febreiro, AENA (Aeropuertos españoles y Navegación Aerea) comezou as obras de ampliación do aparcadorio do infrautilizado aeroporto de Peinador.
O resultado foi a tala de ducias de arbores, varias delas centenarias, co obxectivo de facer unhas presuntas catro plantas subterraneas para o aparcadoiro, o que non sera nengunha solución real ao problema da mobilidade da zona (por qué non aumentar e mellorar as liñas de buses?), pero suporá importantes beficios para AENA, sobretodo despois de que o mesmo día do inicio das obras o alcalde de Vigo anunciase unha subida de prezos nos parkings.
- "Casualidade"???.
A constructura ACS DRAGADOS S.A., "unha empresa comprometida co progreso" como elas mesmas gostan en calificarse, foi á que se lle adxudicaron as obras, de feito polo xeral unha de cada catro obras públicas feitas en Galiza encárganselle a esta empresa madrileña. A cal é ben coñecida por todas as viguesas pois tamen foi a encargada dunha das derradeiras agresións ao noso territorio como foi a construcción do centro comercial "A Laxe", que abriu ilegalmente as suas portas o 13 de Febreiro.
Sen esquecer que tamen é unha das empresas involucradas na construcción do AVE e demais salvaxadas medioambientais en toda Galiza (segundo cinturón de Vigo, porto de Bouzas, porto exterior de A Coruña, etc).
As compañeiras de Matar por Matar Non estiveron alí tentando parar a desfeita:
http://matarpormatarnon.org/node/485
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3278_2_203617