XX Aniversario da Radio Piratona
piratona, a por outros 20
,
03.03.2008, (Id: 14635)
Concerto de conmemoración: vindeiro venres 7 de marzo ás 22.00 horas haberá na sala "La Fábrica de Chocolate" (Vigo), con entrada de 5 euros Tiro na Testa, La Vaga Banda e actuación sorpresa.
a por outros 20!
Neste ano 2008 se celebran os 20 anos de existencia da Radio Piratona, unha radio libre que emite desde Vigo, cunha longa historia ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas, pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de comunicación para as voces sen eco nos grandes medios. No mes de febreiro e marzo organizaremos diferentes actividades e actos para conmemorar o xurdimento desta medio libre.