A SGAE demanda á CNT por intromisión ilexítima na sua suposta honra
CNT-compostela
,
04.03.2008, (Id: 14642)
A orixe da demanda está nun comunicado emitido polo Sindicato de Artes Gráficas de Madrid da CNT e publicado na páxina web do noso sindicato en solidariedade coa web anarquista alasbarricadas, que fora demandada pola SGAE.
A CNT pasou esta demanda aos seus servizos xurídicos, mais se a SGAE pensa que o enfrontamento entre ambos vai-se limitar aos tribunais, entón a SGAE vive na lua. A CNT respostará á demanda e o asunto non rematará ai, nen moito menos, pois consideramos que a SGAE atenta contra a liberdade de expresión da nosa organización no seu conxunto e respostaremos axeitadamente.
A CNT entende que a SGAE remata de nos declarar a guerra e, ademáis de acudir aos tribunais, a CNT aplicará un princípio básico confederal: a Acción Directa, e aplicaremo-la amplamente. Que saiba a SGAE que vai ser coñecida ainda moito máis no Estado español e incluso a nivel mundial. Que a SGAE non se engane. Van ter noticias nosas.
Aproveitamos a ocasión para nos manifestar contra do proxectado Canon Dixital porque non é máis que unha mostra da voracidade recaudatória dunha instituición compinchada cos políticos no poder, neste caso co PSOE.