Este 8 de marzo, marcado pola ilegalización das tradicionais mobilizacións desta data, transcorreu en Vigo con especial movemento e sorpresas.. Unha mostra esta peza audiovisual
Unhas horas despois de que comezara o 8 de marzo unhas feministas quixeron mudar a cidade de Vigo.
Primeiro encheron farolas, marquesinas e paredes da Praza da Industria con imaxes de mulleres traballando, realizando tarefas vitais, que as veces parecen resultar invisibeis para moitos.
Despois dedidiron asaltar o monumento ao traballo que está nesta praza, que é un ferreiro masculino.
Con tecido morado e unha faixa co lema "Mulheres em pe: Da-lhe umha martelada ao machismo", travestiron ao ferreiro para criticar esta construción simbólica e comezar deste xeito a xornada de (i)reflexión.
Ao longo da noite houbo grupos de mulleres berrando nas paredes da cidade e pendurando faixas con lemas como "Pola independencia da loita feminista: Non nos manipulan".
Ás 12 da mañá, e na Praza 8 de marzo, comezaba a chegar a xente convocada para a mobilización que saía desta praza e remataba diante dos xulgados, onde se ían entregar as autoinculpacións recollidas polo aborto.
No video hai un pequeno resumo tanto da acción, como da manifestación, na que un numeroso grupo decidiu ocupar as rúas e manifestarse, máis alá das prohibicións e demais parvadas.
Parabéns a todas as mulleres, e especialmente ás da Assembleia de Mulheres de vigo.
A vitoria é nosa!
Podedes consultar o video de todo isto na seguinte ligazón:
http://piratasgz.blip.tv/file/727028/