No quinto aniversario do comezo da guerra de Irak, a Plataforma polo Desarme A Coruña (PDAC) estamos a facer unha campaña de sinaturas para pedir a retirada das tropas. Estas sinaturas vanse entregar no consulado dos EE.UU. Pedimos a vosa axuda, a vosa sinatura para facer máis forza.
Na carta que imos levar ao consulado dos Estados Unidos faise unha valoración dos estragos que segue a causar esta guerra ilegal. Non só no número de víctimas que se acrecenta co correr do tempo, senón tamén sobre a poboación desprazada, os problemas de saúde, a terribles condicións de vida que están a sofrer.
Máis do 80% da poboación iraquí rexeita a presenza das tropas estranxeiras, aínda máis consideran que non fan senón incrementar a violencia.
Polo que pedimos ao goberno dos EE.UU e mais ao resto dos países ocupantes que
-retiren as súas tropas de Irak
-devolvan os territorios ocupados
-que poñan en marcha un proceso mundial de desarmamento progresivo e proporcional comezando polo arsenal nuclear
Ademáis
reclamamos unha indemnización ao pobo iraquí polos danos materiais e de pérdidas de vidas humanas, producidos tras cinco anos de guerra de ocupación
reclamamos que os principais dirixentes políticos culpables da guerra, feita en flagrante violación da legalidade internacional, sexan xulgados
esiximos que se establezan liñas de axuda urxente á poboación, incluida aquela que se atopa desprazada
Esperamos contar co voso apoio e ver a vosa sinatura
Podedes asinar online a través deste enderezo electrónico:
http://plataformadesarmeac.blogspot.com/