galiza.indymedia.org
Está morta
Rubén Pérez Sueiras , 29.04.2008, (Id: 15400)
O debate da lingua galega xa chega a derroteiros moi estranos. Facendo un repaso a situación das dúas linguas cooficiais de Galicia, vemos que dende a chegada da democracia ningunha persoa protestou pola situación dun castelán, que nas portas do século XXI está a morrer.
O debate da lingua galega xa chega a derroteiros moi estranos. Facendo un repaso a situación das dúas linguas cooficiais de Galicia, vemos que dende a chegada da democracia ningunha persoa protestou pola situación dun castelán, que nas portas do século XXI está a morrer. Xa lle queda moi pouco a pobre lingua.

Isto, como é evidente non está a pasar; é unha ficción, un soño dalgúns, que viron necesario crear un problema onde non o había. Nos últimos anos, a imposición como chaman algúns, a imposición dos nazis, como tamén os califican, tenta asegurar un ensino e un uso dunha lingua en termos iguais. A realidade dí moito da situación, e as testemuñas xurden sen descanso. Agora os estudantes debemos dicir, sí: eu tiven un ensino onde só 2 asinaturas eran en galego. Unha problemática que califican de cruzada, pois o galego é a lingua infiel.

A democracia e a liberdade de expresión abranguen terreos moi amplos. Aquí, a pesares do que dín algúns, non hai mellores ni peores, non hai razas superiores. ¿Porque algúns teñen a teima de dividir? ¿Onde aprenderán galego os nosos galeguiños, nunha academia? Pois si que imos ben.