O domingo 11 de maio ADIANTE proxectará no centro social A Tiradoura de Cangas o vídeo Memoria, dignidad y lucha.
http://www.atiradoura.tk/
http://theplatform.nuevaradio.org/vid_memoria_dignidad_lucha.htm
"O rei e xefe de estado Juan Carlos I foi nomeado e educado pola ditadura de Franco".
"Cando na televisión nos dan leccións de memoria histórica, omiten que a "transición" non foi máis que un xeito de afortalar o modelo económico capitalista. Sen resistencia social facilitamos o camiño para os negocios, pensaron con acerto. Sen movemento obreiro combativo haberá máis beneficios para os nosos petos empresariais, celebraron. Fixeron un franquismo sen Franco e presentárono como "a chegada da democracia". Esmagaron a conciencia de clase e a memoria dos loitadores, con sutileza iso si, para que o trunfo do capital fose asumido como o trunfo do pobo. E se embebederon nos seus propios aplausos".
"A chegada da democracia é a historia que escribiron os donos dos cartos e os seus sentinelas fascistas. Agora nós, os escravos en rebeldía, imos reescribir a historia, rachar a realidade imposta. Botar luz revolucionaria sobre a escuridade franquista coa coerencia dos que nin esquecen nin perdoan".
"A memoria, a dignidade e a loita, continúan".
A proxección será ás 20:30 horas. Non faltedes!
http://www.adiantegz.org/index.php?option=com_content&task=view&id=180&Itemid=28