galiza.indymedia.org
Crónica e fotos do Bloco Precario 08 en Vigo
Precarias en Loita , 06.05.2008, (Id: 15528)
.












O pasado 1 de maio volvimos xuntarnos entre 150 e 200 persoas (dependendo do momento) para facer un bloco precario na mani da CGT-CUT.

Antes de comezar a mani colgamos unha faixa co lema “Contra a alta velocidade” desde a Vía Norte para que se vira desde a Renfe, según as compas de Galiza Livre na estación había presencia policial por se se repetía a viaxe gratuita do ano pasado.

No bloco levabamos unha faixa de cabeceira co lema “Paremos a Precariedade, Dereitos Sociais Xa” e logo ían a faixa da Asemblea de Mulleres co lema "Nem escravas do trabalho, nem do heteropatriarcado" e da Asemblea Antifascista.

Para dar un impacto visual, levabamos un Tren de Alta Velocidade cunha locomotora conducida por un demo e uns vagóns nos que ían diferentes problemáticas asociadas á precariedade (traballo basura, accidentes laborais, especulación, destrucción do medio, etc).

Durante o percorrido para facelo máis ameno unhas compañeiras acompañaban a marcha con música, pero durante todo o percorrido non deixamos de corear os lemas contra a precariedade, os accidentes laborais, o capitalismo, a liberdade das presas, etc.

Un grupiño ao paso da mani ía decorando as fachadas das empresas e bancos que nos explotan durante todo o ano, tanto con esprais como con pegatas, e a moitos dos locais que decidiron abrir nesta data de loita, lembráronlle que no 1 de maio non se traballa, con bombas fétidas e de palabra…

Ao rematar o percorrido dos sindicatos, agardamos a que lesen os seus comunicados e animamos ás asistentes a romper con nós o Tren Da Precariedade, e que nos acompañasen nun último tramo pola rúa do Príncipe, aquí continuamos denunciando todo o anterior, pero tamén lembrando que precisamos espazos público para as persoas e non rúas peonais que se convirtan en Centros Comerciais abertos, tamén lembramos a recente decisión de poñer nesta rúa cámaras de videovixilancia.

Ao paso polo local do Círculo Mercantil que visitamos o ano pasado, tiñamos presencia policial polo que desta vez só nos comunicamos con elas desde fora.

Rematamos o percorrido no cruce con Colón agradecendo a todas a asistencia e lembrando que tiñamos un xantar comunitario no LS Faísca.

Precarias en Loita

Manifesto:
 http://precarias.arkipelagos.net/node/126

Máis Fotos:
 http://precarias.arkipelagos.net/image/tid/8
 http://www.comunidadebasecoia.org/index ... =57&gid=10

sen mala intención, eh?, 06.05.2008 (Id: 11047)

- @s liberad@s dos Centros Sociais ou das coperativas de "consumo consciente" son tamén "precari@s"?

- ir a 50 metros da mani, tirándose fotos, pódese considerar "ir na mani"?

descupen as molestias
moitas grazas




outro, 10.05.2008 (Id: 11054)

non fagades caso...
moita forza a toda a xente que empurra por estes espazos
adiante cos centros sociais!!!
recuperemos o primeiro de maio como unha data combativa




qualquer, 11.05.2008 (Id: 11057)

Quant@s precári@s reais houve nessa manife?
@s estudantes que não estudão, mas estão bem pagad@s pelo bolso de papai e de mamai, são precári@s?
Que se passa com a precarização selvagem de, por ejemplo, @s operári@s dos bares (centros sociais em neo-lingua precária), de horas e horas tras do balcão para ganhar mui pouco dinheiro? Em neo-lingua precária ao trabalho chama-se-lhe militáncia.





un, 11.05.2008 (Id: 11063)

parabéns por seguir a trabalhar por construir un mundo novo dende lóxicas non estructurais e respetuosas coa diferencia. estou segura que de nengún xeito tenhen lóxica as críticas que aquí se formulan, somentes moita carraxe. a diferencia entre argumentos e insultos (disfrazadas de insinuacións) é algo que lle custa bastante a algúns. unha mágoa, restar é o mellor xeito de microfascismo, a propia represión é moito máis eficaz que a do aparato de represión estatal... ese policia interior xurde ante a diferencia, ante as novas propostas como un cancerbeiro que defende a sua cova chea dos tesouros da memoria, de conservadurismo e dun inmenso medo á liberdade

adiante companheiras, un outro 1 de maio é posivel!! (e necesario)




!!!!!!!!, 11.05.2008 (Id: 11064)

Novas propostas?????? NOVAS????