Escrebe aos presos e à presa desde os centros sociais
Plataforma Que Voltem a Casa!
,
06.05.2008, (Id: 15545)
A Plataforma Cidadá ‘Que Volten a Casa!’ quere facilitar a comunicación postal cos presos e coa presa, e para tal fin acaba de preparar unha serie de caixas que se poden atopar en varios centros sociais de diferentes localidades.
Estas caixas contan con postais nas que escreber, sobres xa preparados para enviar por correos, e un pequeno peto no que contribuir a pagar os selos. As cartas achegan ás persoas presas á realidade do seu país e evitan o seu desarraigo. A Plataforma quere animar a todas as persoas a escreber a Ugio Camanho, Giana Rodrigues, Santiago Vigo e José Manuel Sanches, así como ao resto de persoas coas que comparten situación.