galiza.indymedia.org
Fotos do atelier de deconstruccion do xenero no C.S. Atreu
Emilio de Ventosela , 10.05.2008, (Id: 15579)
.






.

EdeV, 10.05.2008 (Id: 11055)





EdeV, 11.05.2008 (Id: 11056)





adela, 11.05.2008 (Id: 11060)

nom tedes outra maneira de perde-lo tempo.
debedes estar contentas, oh mi madrinha.




GB, 11.05.2008 (Id: 11062)

Tu si que es tonta Adela.JAjajajaja.O importante e sumar, non restar!!!!!



...

obreiro, 12.05.2008 (Id: 11065)

iso de o importante é sumar sóame un anaco a retórica reformista...

pero nada, superposmoderno de la muerte, eh?




umha nom mui moderna, 12.05.2008 (Id: 11066)





Parabéns às companheiras do Colectiu Gai de Barcelona polo atelier, realmente currado e novidoso. Para que se entenda, o video recolhe um jogo integrado como parte do atelier, no que se pom às participantes em situaçons polas que passam ao longo da sua vida marikas, bolhos, trans e outras dissidentes sexuais. Situaçons que desvelam opressons e dominaçons sobre as que despois se reflexionava.

Claro que já sabemos que, para alguns, as relaçons de poder e as construçons normativas do gênero ou a sexualidade som tontarias, que nom som políticas. Para nós, precissamente é umha qüestom de "poder", PODER decicidir que é a política e em que espaços se exerce. E é o que estamos a fazer.
Sumar, compartilhar, Subvertir, foder




ein, 12.05.2008 (Id: 11071)

Toda a razón para a compa. As luitas de xénero, a disidencia da normativa, a luita contra a homofobia, a transfobia, a dominación patriarcal... todo parvadas. Aqui o que vale é a luita obreira e as mulheres á cocinha




obreiro, 13.05.2008 (Id: 11075)

Unha grande mostra de loita antipatriarcal meternos nun "laboratorio social" a xogar a un xogo de mesa. Non todo suma compañeira, hai cousas que introduce ás loitadoras e loitadores sociais na tónica de traballo da autocomplacencia. Analizando este feito dunha forma mínimamente crítica non se ve máis que o clásico elitismo estético da posmodernia esquerdista.

Desculpa barata respostar que ou se aplaude coas orellas ise feito ou se manda ás mulleres á cociña. Normalmente son os e as entusiastas destas medidas de "resistencia e loita" @s que máis alonxad@s están das problemáticas concretas.

Dende logo, é un fracaso total do movemento social do centro en cuestión se se chegan con eses triunfalismos con esto.

Adiante coa loita antipatriarcal. Non coa guetización da superconciencias.




ein, 13.05.2008 (Id: 11078)

Eu non entendo o postmodernismo como un xeito de elitización, senón como un método de concienciación dun paso dado na historia cara unha sociedade postindustrial, na que os valores materias polos que loitaba a clase obreira comezan a perder importancia, e cobran esta importancia valores de de tipo inmaterial. As actividades desenvolvidas por Maribolheras Precarias, Mulheres Transgredindo, Lerchas, Nomepisesofreghao... son as probas da actualidade destes valores inmaterias que impulsan as loitas contra o patriarcado. E esta é unha realidade netamente postmoderna tal e como se entende nos nosos días. A sustitución da loita obreira, como suxeito único e encaminhado sempre a unha melhora (material) das súas condicións de vida, por un suxeito non unitario, non homoxéneo e cuxas loitas son varias, ao igual que os seus obxectivos, que van desde a Renda Básica á abolición do sistema de xénero.
Por suposto Atocha Alta 14 tamén está subxetivado por este tipo de lóxicas. Polo tanto si, o feito de que exista un espazo social okupado na corunha repercute positivamente na loita contra o patriarcado, dado que é u nespazo que tamén está "contaminado" por estas loitas.




omniausente, 13.05.2008 (Id: 11079)

parece que no atelier esse tavam tod*s *s trolls do indy... ou som como dios, que o sabem tudo? pode-se julgar sem conhecer? porque abofé que falam coma se tivesem estado... companheiras, para bem ou para mal, a experiência física nom tem nada a ver coa "virtual".




queerunha, 14.05.2008 (Id: 11081)