Levamos a exposición á rúa porque queremos levar o exemplo destas mulleres a todo o pobo, e non só a círculos e lugares máis familiarizados coa historia da loita histórica das mulleres por ter voz propia.
O título da exposición itinerante, que comezou en Cangas, “Esquecidas, manipuladas, asoballadas” recolle o exemplo de loitadoras que a historia nega, terxiversa ou aínda segue a purgar.
as imaxes expostas son de:
Sofía Casanova: foi testemuña da Iª Guerra Mundial, das loitas sufraxistas
británicas e da Revolución Bolxevique, posicionouse a prol da resistencia do Rif contra a
ocupación española, María Casares: exiliada en París dende cativa, converteuse na primeira
grande actriz galega e nunha das mellores do panorama internacional, Chian Ching: foi unha das
grandes valedoras da revolución cultural chinesa, sufríu duras represalias por parte do reformismo
“comunista”, Carme Cornes: dende Galiza ou dende Arxentina loitou pola amnistía, polo
esclrecemento da desaparición do seu fillo e contra a impunidade dos responsábeis, Angela
Davis: a súa militancia marxista e antirracista levouna á cadea en varias ocasións, foi nomeada
“honoris causa” pola Universidade de Moscova, Bernardette Devlin: a súa radical defensa da
clase traballadora da Irlanda do Norte levouna a ser a parlamentaria máis nova da cámara
británica, Emma Goldman: sufríu cadea e persecución polas súas actividades axitativas e de
acción directa, é unha das grandes teóricas do anarquismo, Louise Kautsky: foi compañeira de
Rosa Luxemburgo na revolución, morreu no campo de concentración de Auschwitz, Alexandra
Kollontai: unha das primeiras mulleres en combinar a loita feminista e a de clase, convertiuse na
primeira diplomática da URSS, Maruxa Mallo: dotada dun grande talento artístico, ponse á altura
das/os grandes pintoras/es do século XX e se convirte nunha das máis importantes de Galiza,
Ulrike Meinhof: simbolizou a unha nova xeración que apostaba por métodos armados na loita
contra o capital, foi “suicidada” na prisión con outras/os compañeiras/os pola Alemaña
Occidental, Louise Michel: tras ser unha das figuras máis destacadas na defensa da Comuna de
París, sufríu cadea e exilio o resto da súa vida polas súas actividades revolucionarias, Fca. Morlán
Pancha: sendo mestra vocacional, continuou impartindo unha educación libre e dun xeito
clandestino durante os anos da ditadura, Enriqueta Otero: fuxiu das gadoupas do fascismo
español e iniciou a súa vida guerrilleira, tras serlle anulada a pena de morte reiniciou a súa
actividade docente en Lugo, Olivia Pose: participou coa súa veciñanza nas loitas labregas pola
defensa das súas terras, enfrentouse á Garda Civil, sendo apaleada cos fusís, Xesusa Prado: foi
represaliada polos golpistas do 36 polas súas actividades comunistas, exiliada en Cuba, participou
activamente na súa Revolución, Celia Sánchez: participou activamente no asalto do cuartel de
Moncada e en todos os aspectos do posterior desenvolvemento da Revolución Cubana, María
Soliña: tras organizar a resistencia das mulleres contra as violacións dos piratas que asaltaban o
Morrazo, sufríu as torturas da Inquisición española acusada de “bruxeria”, Olimpia Valencia:
rematou os estudos de cirurxía antes da chegada da IIª República, durante o franquismo tivo
problemas por exercer a xinecoloxía sendo muller, e Clare Zetkin: foi unha activa socialista e
feminista alemá, convertiuse en dirixente da Komintern e do Congreso de mulleres da
Internacional.
http://www.adiantegz.org/index.php?option=com_content&task=view&id=181&Itemid=28