galiza.indymedia.org
Nós somos Mousa Abu Maria
Fuga em Rede , 27.05.2008, (Id: 15887)
Acción en Um Salamuna.


23 de maio, distrito de Belén, derradeiro día "Conferencia de apoio á inversión privada nos territorios palestinos", un camión do exército israelí detense na cuneta para facerlle o paso á delegación francesa na conferencia co ministro do exterior Bernard Kouchner. Dentro do camión, arrestada, a diplomacia desde abaixo. Dez activistas detidos na ación semanal contra a ocupación dos territorios.
Desta volta, en Um Salamuna, activistas das aldeas palestinas veciñas, israelianas e varias internacionais manifestaban a súa solidariedade con Mousa Abu Maria, compañeira clave na articulación do movemento nos últimos anos e target habitual do Estado israeliano, agora baixo detención administrativa na prisión de Ketziot.
Os soldados cortaron a estrada pola que camiñaba a manifestación e no momento en que os activistas tentaban cruzar a barricada do exército foron lanzados contra os aramios de espiños e dispersadas con bombas de son antes de facer as detencións.
As dez detidas dixeron ser Mousa Abu Maria cando, amordazadas no camión, se lles pedía identificación. Unha hora máis tarde os soldados deixáronas abandoádas no medio dun asentamento de colonos israelís próximo a Xerusalén.
O próximo xoves Mousa tentará presentar un apelo na súa defensa, aínda sen coñecer acusación algunha. Agardamos que os centos de cartas de protesto e outras mostras de solidariedade e presión enviadas desde os cinco continentes axuden á pronta liberación deste compañeiro de Fuga em Rede.

> video:
 http://www.youtube.com/watch?v=LR8hDnzKXxg
> fontes directas:
 http://palestinesolidarityproject.org/
 https://israel.indymedia.org/newswire/display/9070/index.php
 http://activestills.org/
> novas anteriores relacionadas:
 http://galiza.indymedia.org/pt/2008/04/15139.shtml

antifasgz, 27.05.2008 (Id: 11230)

Joder coas bombas de son!
que salidos están os militares!




Newall (FeRmosa), 28.05.2008 (Id: 11237)

Colonos invaden Bi'lin. Establecen novos asentamentos -ilegais- coa axuda do exército:

> nova en castelán:
 http://www.imemc.org/article/55074
>video das accións do mesmo luns:
 http://es.youtube.com/watch?v=LZ2AIznBHOc

Nai'lin en loita contra o cercamento inminente:

> nova en inglés:
 https://israel.indymedia.org/newswire/display/9089/index.php
> video:
www.youtube.com/watch?v=2oiVZgp1WUc

Un pouquiño atrasada... pink parade no aniversario da Nakba:
 https://israel.indymedia.org/newswire/display/9011/index.php

Beijinhos habibties:*



Newall , 28.05.2008 (Id: 11238)