galiza.indymedia.org
Manifestazón en Defensa da Ría o 8 de Xuño en Ferrol
Ferrol , 03.06.2008, (Id: 15977)
O Domingo 8 de Xuño, ás 12:00hs. desde o porto de Curuxeiras, en Ferrol, sairá a Manifestazon en Defesa da Ría convocada polo Comité Cidadán de emerxencia para a Ría de Ferrol.

A Autorización Definitiva concedida polo Ministerio de Industria, pode influír nalgún sector da poboación no senso de desanimalos a seguir dando a batalla contra Reganosa.

Levamos 8 anos de loita, contra un adversario potente, (conxunción do poder economico-politico-mediatico), unha loita que vai a proseguir en todas as súas vertentes, terá un longo recorrido ata acadar a paralización da planta de Reganosa.

Como todas as loitas populares, en defensa da vida e do ben común, esta tamén é unha loita de resistencia. Non só contan as grandes accións e mobilizacións. As concentracións e caceroladas que vimos realizando, menos numerosas en participación, pero constantes, ante a entrada de gaseiros; as actuacións diante da Xustiza, das Administracións; a presenza en feiras, congresos, xornadas , foros e plataformas... darán os seus froitos.

  Cuña radiofónica 1 -

  Cuña radiofónica 2 -

Cartaz da Mani
Cartaz da Mani

Nunca é tarde para defendernos, nunca é tarde para evitar unha traxedia.
Mobilicémonos!


Calendario de mobilizacións.-

* 9 DE MAIO
Roteiro reivindicativo pola cidade de Ferrol, sinalando entidades financieiras e empresas que participan en REGANOSA (Grupo Tojeiro, Caixa Galicia, Caixa Nova, Banco Pastor, ENDESA, FENOSA), con saída ás 18hs do Edificio da Xunta.
* 8 de XUÑO
Manifestación en Ferrol ás 12 hs no Porto de Curruxeiras.
* 23 de XULLO
· IIª Marcha a pé de Ferrol a Mugardos, con saida ás 17hs do porto de Ferrol.
· Festival artístico-musical-reivindicativo, no aniversario de Peche da viciñanza de Mea no Concello de Mugardos.
* XULLO
Realización dun gran mural que poida entrar no Guiness polas suas extraordinarias dimensións.

Nin fora, 03.06.2008 (Id: 11314)


Resulta que eu estou en contra da "Planta de Gas" fóra desta e de tódalas rías. Polo tanto deberiamos xa deixar claro definitivamente que o único destino do terrorismo ambiental é desaparecer: Demolizón:Nin dentro nin fora!

Non é un problema de ubicación (non existe razón que xustifique o seu famoso desenvolvimento sostible) e é un problema de violencia clara contra a ría, contra a natureza e contra o pobo traballador.

Eu pasareime por Ferrol, por suposto.

Saúde e Anarquía.



un

Bardo, 04.06.2008 (Id: 11317)


Completamente dacordo co compañeiro anarksita. Reganosa non é soio un perigo se se atopa dentro da ría, tamén o sería fora. Ademais o gas non é unha enerxía renovable e so serve para que as grandes centrais termicas poidan seguir gañando cartos.

Saúde e socialismo,




Alberto, 04.06.2008 (Id: 11321)


Hai múltiples lumes acesos en diversos puntos da xeografía de Galiza, e todos presentan o mesmo denominador común: o neoliberalismo é o actor protagonista no escenario. Pero en tempos de fatalismo económico, como nos lembraría Pierre Bourdieu, cómpre manter a utopía razonada, e conxugar, seguindo a estética da ética foucaultiana, a acción individual co compromiso persoal, e articulalo aos intereses colectivos. Cómpre, ante eses lumes ameazantes, levantar contralumes, é dicir, reactivar a sociedade civil como actor antagonista, e combater na rúa, o único espazo non secuestrado polo poder neoliberal, o capital exacerbado e salvaxe, que ten como único móbil de actuación, o cumprimento do principo da obtención do máximo beneficio. Debemos ver estes polos de conflictividade non como problemas inabarcables, senón como novos desafíos que a sociedade civil debe retar con máis forza simbólica ca do simplista discurso dominante do pensamento único. Vai sendo hora de mobilizar a intelixencia e de integrar as redes críticas de capital social co obxecto de recuperar o que fai moito tempo nos usurparon violentamente: a dignidade como pobo. Manisfestémonos en Ferrol unha vez máis cunha protesta social unánime, e baixo a mesma consigna: Galiza non se vende ao Capital!!! Loitemos e sigamos construíndo cidadanía en Ferrol, en Poio, en Penamoa,...Impidamos que o poder establecido continúe este proceso de deshumanización dos espazos sociais e de alienación dos colectivos humanos. ´

Saúde e xustiza social.

A.


Caixa dos correios:: mandarobedecendo@gmail.com



trasanqués, 04.06.2008 (Id: 11325)


Totalmente dacordo cos comentarios anteriores, o domingo todos a rúa.

É o psoe? onde está?
¡ESTÁ VENDIDO AO CAPITAL!!

¡BLOQUE PSOE PP, A MESMA MERDA É!!




un tocaio, 04.06.2008 (Id: 11326)

Canta razón tes tocaio !!!

...en Penamoa, en Ni´lin, en Bouzas, en Oaxaca, na Agra do Orzán, en El Aaiún, na Rúa Real,...

...

...en todos os frentes esmagados polo poder...

...

desde abaixo á esquerda...

...onde está o corazón.




qualquer, 06.06.2008 (Id: 11333)

todos todos
todos todos

Mas todos, eh?, nao venham agora lideres iluminados do Bloque (velhos e moços), "críticos"??? (hahahah), todos ao lume, BNG ao gas




qualquer2, 06.06.2008 (Id: 11344)

Sempre negativo, nunca positivo!!




RFM, 07.06.2008 (Id: 11347)




RFM, 07.06.2008 (Id: 11348)




RFM, 09.06.2008 (Id: 11365)

Rádio FilispiM 93.9 da FM
Rádio FilispiM 93.9 da FM

Aquí podedes escoitar o programa especial que fixo Rádio FilispiM, cubrindo ao vivo a manifestaçom do 8 de Junho em Ferrol.

Também estám as intervençons finais e o comunicado completo.

 http://opaii.blogspot.com/2008/06/programa-especial-de-rdio-filispim.html


Caixa dos correios:: filispina@gmail.com
WWW:: http://opaii.blogspot.com



reganoxo total, 09.06.2008 (Id: 11372)

Xa con anterioridade, @s libertari@s, tiñamos manifestado o noso rexeitamento non só a actúal ubicazón da planta de gas, senón ao módelo económico e enerxético que precisa delas e as promove.
Este domingo, 8 de xuño, dimos un pasiño máis neste senso: comcordamos con varios grupos e organizazóns, opositoras á planta de gas en calquer ubicazón, para artellar un bloco de máximos que cuestionase reganosa dende unha óptica ecoloxista e anticapitalista.
Fronte ao lema do Comité Cidadán de Emerxencia, “Planta de gas: Fora da ría”, en alusón ao seu traslado ao porto exterior, nós propoñíamos este outro, inscrito na faixa común do noso bloco, de “Planta de gas, nem dentro nem fora. Por um outro módelo energético”.
As organizazóns e colectivos que convocaron este bloco foron as que seguen: Nós-UP, Briga, Agrupaçom de Montanha Aguas Limpas”, CNT e Unión Libertaria. A este sumaron-se outros colectivos e organizazóns así como numerosas persoas a título individual.
O resultado foi que das cerca de 1.200 persoas que participaron na mani, case a metade ou alomenos unha terceira parte, sobre todo xente nova, acompañou ao noso bloco berrando consignas como : “ Planta de gas: nin dentro nin fora”, “ Reganosa demolizón”, “ Nin celulosa nin reganosa”, “ O capitalismo é o terrorismo”, “ BNG, PSOE, PP a mesma merda é” e mailo mánido “ Goberne quen goberne, Galiza non se vende”.
A realidade que se evidenciou nesta mani é que a pesares da unión, que non unidade, da oposizón a Reganosa, existe neste movimento unha polarizazón entre dous sectores, cada vez máis definidos: Fronte ao personalismo e dirixismo de Fuco Buxán, o noso apelo a unión horizontal e o asemblearismo. Fronte ao seu posibilismo e “pragmatismo” legalista, a claridade do noso discurso que non admite meias tintas.
Moito vai ter que traballar o Comité para obviar esta realidade. Cada quen recolle o que sementa e nós estamos comezando a obté-los froitos do noso traballo.
@s libertari@s, por se se dá o caso de que a “vía legalista” resulta finalmente un fracaso por si mesma, continuaremos a traballar nunca estratexía de loita asemblearia e horizontal, que prime a autoxestón e a aczón directa fronte aos intermediarios profisionais que pretenden reconducí-la, porque tumbar reganosa sería un estupendo ejemplo de cómo podemos tumbar o actúal módelo capitalista para construir sobre as súas ruiñas un novo mundo de auténtica xustiza social.



manipulador, 10.06.2008 (Id: 11378)

Sempre negativo nunca positivo, o "bloco de máximos" prefire enfrentar-se ao Comité polo slogam que utiliça, "Planta de gas: fora da ria", que enfrontarse a REGANOSA, existem no Comité pessoas que também estám por outro modelo energético e que também questionam o modelo económico que potencia o modelo energético.

Sumar nunca se lhes deu bem a algumhas pessoas e menos a algumhas organizaçons, e trabalhar em comúm ou em colectivo tampouco se é que o seu logotipo ou a súa marca nom sae, nom merece a pena. (já vos costou nom metelos na vossa faixa de cabeza)

Dizer que a metade ou mais da metade da manifestaçom, era do autoproclamado "bloco de máximos", é manipular e mentir, igual que dizer que esse "bloco" era o mais animado, o mais canhero, etc... é manipular a realidade. Estibem em todos os "Blocos" da manifestaçom e podo asegurar que em todos se berraba, cantaba, tocaba, etc... o que si se podería dizer é que no "Bloco de máximos" a maioria da gente era nova, pero outra cousa saltaba à vista, a maioria da gente nom era de Ferrol, eram da brigada de paracaidismo.

As consignas que se berrarom no "bloco de máximos" também forom coreadas pola gente que nom ia detras da faixa, as únicas pessoas que tenhem reparos em berrar algo, som precisamente os do "bloco de máximos" que se negam a berrar "Planta de gas: Fora da Ria" pero si se atrevem a chamar "consejo de ancianos" ao Comité Cidadán ou cousas piores.

Divide e vencerás, fazedelhe o jogo e o trabalho a REGANOSA, sacadelhe o rendemento político, si político, porque ainda que um nom se presente às eleiçons, a súa actividade é umha actividade política.

Em definitiva, cada um pode berrar o que queira, cada um pode ter ou fazer o "bloco" que lhe pete e assinar as suas pintadas com seu logotipo, o que si nom é justo, é que se manipule e intente fazer ver o que nom foi.




reganoxo, 10.06.2008 (Id: 11379)

No bloque tamen participou Verdegaia. desculpas!



ruben, 10.06.2008 (Id: 11380)

Non me estrana que empregues ese alcume, dado que semella sé-la túa especialidade:

- “Sempre negativo nunca positivo, o “bloco de máximos” prefire enfrentar-se ao Comité polo slogam que utiliça, “Planta de gas: fora da ria”, que enfrontarse a REGANOSA, existem no Comité pessoas que também estám por outro modelo energético e que também questionam o modelo económico que potencia o modelo energético.”
* Se existen persoas no comité que están por outro módelo, porque non fan nada para que o comité se posicione claramente neste senso?

- “…outra cousa saltaba à vista, a maioria da gente nom era de Ferrol, eram da brigada de paracaidismo.”
* E se o Comité fai un apelo a RGNSV para que apoie a convocatoria isto non é “chamar a brigada de paracaidismo”? Ou acaso tod@s as que ian fora do bloco mencionado eran ferroláns. Acaso hai que ser Ferrolán para opoñer-se a Reganosa ou acaso queres dizer outra cousa?

- “Divide e vencerás, fazedelhe o jogo e o trabalho a REGANOSA, sacadelhe o rendemento político, si político, porque ainda que um nom se presente às eleiçons, a súa actividade é umha actividade política”.
* Aquí @s unic@s polític@s que sacan rendabilidade da oposizón a Reganosa son Iolandita, Pillado e LALÁN, que non hai que esquencer que se presentaba a concelleiro de vivenda e urbanismo en Fene polo Psoe nas pasadas municipais. Os mesmos que hai oito anos, nos tempos do PP, tiñan moito interese en fazer oposizón con este tema e hoxe semellan non ter tanto.

- “…as únicas pessoas que tenhem reparos em berrar algo, som precisamente os do “bloco de máximos” que se negam a berrar “Planta de gas: Fora da Ria” pero si se atrevem a chamar “consejo de ancianos” ao Comité Cidadán ou cousas piores.”.
* Se con “fora da ría” se quixera dizer realmente “fora da ria”, berrariamos “fora da ria”. Mais como “fora da ria” significa realmente “na boca da ria” ou sexa “na ria”, pois nós berramos ” nin dentro nin fora”, porque non a queremos en Ferrol nin en ningún outro lugar.
Por outra banda, efectivamente, eu penso no comité de emerxencia como nun comité de anciáns sabelotodos, tamén o podería comparar cun comité de benvida porque durante meses o único que convocou foi recebementos a gaseiros. Obviamente tamén penso cousas piores sobre eles/as, non sobre tod@s (que conste), máis si sobre as cabezas visibeis.
Divide e vencerás? Esta afirmazón aparte de ser unha baixeza e pura manipulazón, Aquí @s únic@s que dividen son estes das que falo, que pretenden dirixí-lo movimento inda que, cada vez máis, lles medren os ananos por todas partes. Estes mesmos que se cargaron os movimentos asemblearios de traballadores dos setenta e oitenta, e agora veñen a convocar-nós a asembleas puramente informativas, en fin…

- “…o que si nom é justo, é que se manipule e intente fazer ver o que nom foi.”
* O único no que concordo contigo.

Por certo, unha preguntiña máis:
Onde estaban as 50 asociazóns e colectivos que aglutina o comité?
Quen estivo na mani sabe como foron as cousas.

Graciñas por terte achegado a nosa páxina a comentar isto. Agora que xa sabemos que pasades por aquí inda que antes non vos atreverades a comentar nada, podes comentarlle ao administrador do blogue do comité que poña a ligazón da demolizón, que xa imos cumplir un ano do noso e inda non se dignaron. Por algo será.




E.Doure, 11.06.2008 (Id: 11387)





ruben, 11.06.2008 (Id: 11395)





sandalio, 12.06.2008 (Id: 11404)

Xa hai moito tempo que dende o Comité Cidadán hai mostras de intolerancia con respecto a persoas e colectivos que se opoñen á ubicación da planta de gas dentro da ría ou na boca da ría. Na mobilización do pasado domingo as persoas que defendemos a necesidade doutro modelo enerxético e a nosa oposición á planta de gas en calquera ubicación, secundamos a convocatoria do Comité Cidadán sen renunciar ao noso punto de vista. Non vou entrar a discutir se eramos máis ou menos que os que defenden a postura do Comité, mais penso que a nosa postura ficou clara sen necesidade de enfrontamentos estériles.

A nosa postura é sempre a de sumar, participando nas mobilizacións aínda que non compartamos a postura do Comité. E así o fixemos outravolta o pasado domingo, participando na convocatoria sen renunciar (non vemos porqué facelo!!!) á nosa opinión.

Eu máis ben plantexaría o porqué da postura dun Comité que, de principio, marcou unha posición pública pouco integradora, na que non cabía ninguén que rexeitara tamén a ubicación da boca da ría para a planta de gas. Deste xeito, non só se restaba a participación da xente que ten este posicionamento (polo que parece non somos poucos), senón que tamén se daban argumentos a Reganosa, permitindolles falar das tonterías de ENAGAS, da envidia de Ferrol cara a Mugardos e mesmo facerse os ecoloxistas criticando un porto exterior que o Comité parece aprobar (por acción ou omisión).

É nas asembleas onde tentamos expoñer a nosa postura, xa que ese é o foro no que deberían caber as opinións de todo o mundo. Lamentablemente non sempre é así, xa que dende o Comité nin se fomenta a participación nin se respeitan as posicións discrepantes. Non esaxero se digo que o Comité plantexa as asembleas (cando as convoca, de pascuas a ramos) como plebiscitos sobre as actividades do propio Comité, expostas triunfalmente en informes dun mínimo de 20 minutos. Ao fin, non é só que as opinións discrepantes sexan despreciadas con actitudes altaneiras ou con choros victimistas, senón que, sobre todo, a participación popular e a capacidade de mobilización veñen sendo substituidas polo frente legal e a actividade “mediática” do Comité (como o viaxe a Bruselas, por exemplo).

Non imos ser tan manipuladores como para decir que o Comité lle fai o xogo a Reganosa, mais penso (e algúns mais creo que tamén o pensan) que o Comité está cometendo erros que restan forzas ás mobilizacións e prestan argumentos aos asalariados de Reganosa.

Nesta loita estamos xente con intereses e ideas moi diversas, dende o ponto de vista do ecoloxismo, do traballo marisqueiro, dunha perspectiva social revolucionaria, de diferentes posturas políticas e sindicais, e ao carón de centos e centos de veciños de toda a bisbarra. O secreto do éxito pode ser integrar todas estas forzas cara a mobilización popular, sen necesidade de “profesionalizar” a protesta.

Saúde