galiza.indymedia.org
Dicionario para bilingües
Rubén Pérez Sueiras , 06.06.2008, (Id: 16008)
Un pequeno dicionario feito con humor, e cos pés na terra para tódolos bilíngües "de verdade"...
Bilingüe: segundo a RAE

1. adx. Que fala dúas línguas.

2. adx. Escrito en dous idiomas.


Bilingüísmo: segundo a Wikipedia

O Bilingüísmo segundo varios autores:

* Segundo Bloomfield: o falante bilingüe é aquel que ten un control nativo de dous ou máis línguas.

* Segundo Macnamara: polo contrario, considera bilingüe a calqueira que sexa capaz de desenvolver algunha competencia (falar, ler, entender, escribir) dunha segunda língua.

* Segundo Mackey: nunha postura intermedia, define o bilingüismo como o uso alternante de dous ou máis línguas por parte do mesmo individuo.


Diglosia: segundo Wikipedia

Cando hai dous (o máis) idiomas nunha rexión e un deles é máis prestixioso co outro.


Mentira: segundo a RAE

Expresión ou manifestación contraria ó que se sabe, cree ou pensa.


Imposición: segundo a RAE

Esixencia desmedida coa que se trata de obligar a alguén.


Normalización: segundo a RAE

1. Regularizar ou poñer en orde o que no o estaba.

2. Facer que algo se estabilice na normalidade.


Como se pode comprobar, todas as definicións deste minúsculo dicionario para bilingües estraxéronse do dicionario da RAE (Real Academia Española) e da Wikipedia. O único inconveniente sería que algúns consideraran a Wikipedia como unha fonte non fiable, sen embargo, e a enciclopedia colaborativa máis visitada da rede.

Dutruel, 08.06.2008 (Id: 11354)

boeno, tamén na galipedia aparece a opinión de Weinreich, que di que é "a práctica de utilizar dúas linguas de forma alternativa".

e da diglosia dise:
As situacións posibles atendendo ó concepto de diglosia son:
* Bilingüismo e diglosia.
* Diglosia sen bilingüismo: As dúas linguas compiten nos mesmos dominios. Unha delas acaba desaparecendo.
* Bilingüismo sen diglosia: (Fishman, 1980). Bélxica, Canadá, Suíza. Áreas monolingües, linguas protexidas polas institucións.
* Nin bilingüismo nin diglosia.