Contra o sanguento espectáculo taurino. Contra aqueles que sacrificam e martiriçam touros tam só por se diverter. Contra um estado e instituçons que finánciam e condecoram a assassinos sádicos. Contra um empresário que se lucra com o massacre. A tempada anti-taurina começa mais um ano em Pontevedra. Aló onde se cruzam os vieiros do antifascismo e da defesa animal. Galiza por sempre anti-taurina.
Apareceram pintadas por toda a praça de touros de Pontevedra, a única que fica na Galiza. É hora da mobilizaçom anti-taurina. É hora de rematar com esta lacra. É hora de conseguir-mos que isto seja um triste recordo do passado.
Caspa,
24.06.2008 (Id: 11510)
Antifascismo e defensa animal? Cruzados?
un,
24.06.2008 (Id: 11516)
Pensaredes que fixestes moito pola causa pintando nunha parde de preda. Non podiades facer algo de verdade? eu que sei, ir a protestar cando hai unha corrida ou llamarlles asasinos a cara. Unha pintada tamén a fai un neno de 4 anos cunha merda pinchada nun pau.
outro,
24.06.2008 (Id: 11518)
Pois já figérom mais ca ti, que só fas que esbardalhar em internet.
Seguro que vas ser o primeiro em mobilizar-te contra as touradas, tu, verdade?
GALIZA ANTITAURINA,
24.06.2008 (Id: 11519)
Parabéns a xente de Pontevedra. Me comentaron que este ano ia haber unha manifestación o dia das corridas taurinas. Me parece Ben. Non lle fagades caso a estes 2 tolos de arriba, eles seguramente estean manifestandose agora diante da praza de touros por iso vos din iso.
TOURADAS FORA!!
Pesco,
24.06.2008 (Id: 11520)
Por favor, por favor, por favor, que non se lles ocurra liberar touros!!
Ao,
24.06.2008 (Id: 11524)
Tampouco dim na nova que figeram nada especial, só que denunciaram numha parede as touradas, para que os taurinos nom poidam esquecer em nengum momento que há quem proteste contra a sua tortura, e colarom aqui o tema para que o saiba a gente do resto do país. Umha pequenas, pero ficamos tranquilos porque seguro que os que comentam estám já a trabalhar contra as touradas na rua, e só passarom pola rede num momento de descanso para caluniar a quem fai tam pouco em comparaçom ao que a causa merece.
un,
24.06.2008 (Id: 11526)
Sodes uns conas. Para empezar donde eu vivo non hai ese tipo de barbaries. E se as houbese estaría dando a cara onde fose necesario. Moita pintadiña moito tal pero so son conachadas.
bngbitch,
24.06.2008 (Id: 11530)
Cantas parvadas máis teremos que aturar do enemigo íntimo?
Abaixo os muros "de pedra" das prisións e abaixo os muros "de pedra" da prazas de touros!!!
pontevedra antitaurina,
24.06.2008 (Id: 11532)
colante
http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/2008/06/24/a-terribel-contradicion-asasina/
A ver se todos eses cantantes que andan a criticar logo participan na loita antitaurina. Hai moito anano por aí en diante, seguramente taurinos ou maderos que entran na indymedia para enmerdar, practicando a "sobre-identificación". Non caiades na trampa.
En breve coñeceredes a proposta de actividades para este ano. Non se impacienten.
unha,
25.06.2008 (Id: 11558)
Non sei se te decataches da linguaxe claramente sexista que empregas, minha querida companheira. "sodes uns conas" qué ten de malo ser un conas? es ti un pirolas? Facer conachadas é algo malo? é algo bon facer piroladas?.
Linguaxe policial no Indy NON!!!
caralludo,
25.06.2008 (Id: 11559)
Reivindico a palabra ser un conas!!! A linguaxe non é machista, o machista é quen a intepreta mal. Non me veñades agora con conachadas, ide tocalo carallo e non comades o tarro con cousas que non veñen a conto.
o mesmo,
26.06.2008 (Id: 11564)
E non serás ti o machista por empregalas? A linguaxe tamén é un instrumento político. O feito de que empregues certos termos e que ainda por riba te xustifiques para facelo quere dicer algo da túa personalidade que non coincide co que debería ser movimento social que aposte pola igualdade e a loita contra o patriaracado.
Desde a minha perpectiva ti non estás lexitimado para facer a crítica que fas neste espazo. Queixaste de que os demais fan pouco e ti fas menos, fas tan pouco que non o fas nin por ti mesmo, nin tan siquera te esforzas para levar á praxe cotia as túas propias reflexións ( se é que as tes)