galiza.indymedia.org
GALIZA SEM TOURADAS
Libera! , 02.07.2008, (Id: 16353)
Projecçóm do documental Animal (desmontando as mentiras do mundo taurino) em Ferrol, no Ateneo o día 04 de xulho ás 19 h.


A Asociación Animalista LIBERA!, a plataforma Stop Our Shame e o CAS,
invitan a tóda-las pessoas interesadas, á proxección do documental Animal na cidade de Ferrol o día 4 de Xullo (venres) ás 19:00.

Animal fará o seu primeiro desembarco en Galicia con esta estrea no Ateneo Ferrolán, un espazo con capacidade para 100 persoas, e que terá un carácter
gratuíto.

Mediante testemuños de personalidades, activistas pro-dereitos dos animais,
políticos, etc. abórdase a cruel realidade que se esconde tras a chamada
festa nacional. Un denominado espectáculo de masas, que tan só o 14% da
cidadanía galega apoia.

Animal é capaz de desmontar todas as mentiras que desde o mundo taurino
lánzanse, e consegue a través das imaxes, dar unha mensaxe de esperanza.

Lugar e hora:

Venres, 4 de Xullo ás 19:00
ATENEO FERROLÁN
Rúa Magdalena 202-204
Entrada gratuíta