galiza.indymedia.org
Pintadas neonazis en Ferrolterra
Bardo do vinho , 03.07.2008, (Id: 16364)
Detras das decenas de pintadas neonazis en ferrolterra hai un grupo moi minoritario,4 ou 5, de ultrasur.
Nos últimos meses puidemos ver por toda ferrolterra fachadas recen pintadas esnaquizadas por una pinta que pon “Galicia Es España” firmadas coa firma “USGalicia” acompañadas en todo momento por unha clara simboloxía neonazi e un correo electrónico que non porei por que é ilegal pero que está escrito en centos de paredes de ferrolterra.

Despois de investigar, xa sei con seguirdade quen son. Son un grupo de recoñecida ideoloxia Nacionalsocialista, e son moi poucos(nunha entrevista que lles fixeron din ser tan só 5).

O nome US Galicia, significa Ultra Sur(hinchada de ideoloxía neonazi do Real Madrid). Vamos que non son un grupo propio, senón unha sección galega dun grupo Catelá. Ademáis, non son de toda Galicia, senón que a maioría son da Provincia da Coruña, e algún os varios son de Ferrol.

No plano deportivo son moi pouco activos, só apoiaron de forma conxunta dous partidos do Real Madrid o que denota que a súa actividade como grupo ultra é casi nula.

As decenas de pintadas, semellan ser unha campaña de publidade nunha búsqueda desesperada de atopar novos militantes. Pero pese a súa gran actividade bandálica, é un grupo moi minoritario.


Os ultra sur e un grupo que pextremadamente violento e intolerante. Moitos dos seus mebros a súa vez militan en grupos ultradeireitistas coñecidos polas súas agresíons aos marxinados.

Galiza Antifascista, 03.07.2008 (Id: 11620)

Comezade por quedar um dia cada semana e borrar tudas as pintadas, que da nojo ver essas cousas. Por outras vilas fijemos igual e agora as temos completamente limpas.




Emilio Doure, 03.07.2008 (Id: 11621)



Na corunha, se ben é certo que de tapadiño, tamen hai artistas facendo das suas.Pido desculpas de anteman por facer publica esta imaxe pero da idea da calaña que habita entre nós.




Bardo do vinho, 03.07.2008 (Id: 11622)

Eu persoalmente somante borrei unha pintada, e non de todo(acabouseme o spray) pero en Ferrol hai moitos antifascistas que estan borrando continuamente estas pintadas. Namentres, os nazis semellan ter infinita pintura. Unha a unha vólvemas a pintar.


A verdade é que é un serio problema. Son decenas de pintadas(todas feitas a man alzada cun espray negro ou azul) en tres concellos: Ferrol, Narón e Fene.

O máis gracioso e que deixan o seu mail pegado por todos lados, non che son moi listos.




galiza livre, 03.07.2008 (Id: 11623)

pois ha que organizarse bem em varios grupos e sair a borrar com caldeiros de pintura, nom pode ser que eles leven a iniciativa. GALIZA LIMPA DE FASCISTAS!




fartinho, 04.07.2008 (Id: 11629)

Estou bastante farta de observar cómo cada vez que aparece unha pintada nos enchemos a boca, cando a realidade é que nin tan sequera somos quen de organizarnos decentemente. Eu aqui o que vexo é moita palabrería e moito antifascismo de borracheira.




GZ-aprendermos, 04.07.2008 (Id: 11630)

Por que é ilegal publicar um mail que é publicamente difundido? Alguem sabe qual é o texto legal que o dispõe?
Obrigada