Cruz Vemella ? Porque vermella?
Emilio de Ventosela
,
03.07.2008, (Id: 16368)
Mañan do Xoves 3 de Xullo.Encontro.
Camiñaba esta mañan tranquilamente polo canton grande da Coruña co sol ben alto xa,a xente tomaba mostos nas terrazas,algunhas con olivas, outras con patatas, cando levantei a mirada dunha mesa e me atopei de supeto deslumbrado por un raio solar rebotado desde un trapo vermello e gualda.Era unha mesa informativa da cruz vermella.A miña primeira intencion foi preguntar porque estaba aquela bandeira ali(na miña opinion calquera estaria fora de lugar ali), pero o meu estupor foi xa total cando vin o que tiñan colgado tras deles.Non puiden conterme e preguntei se era o emblema das forzas armadas...e si que o era.O meu estupor non proven de que sexan españolas, como empezou a dicir aquela señora, o meu estupor proven da incongruencia sanguinolenta de que unhas forzas armadas patrocinen unha mesa informativa da cruz vermella(inda que non é pra estranarse vendo a traxectoria de tan universal institucion.Apename ver que os integrantes da mesa non chegaran a entender o meu plantexamento.Como unha institucion que nace pra paliar o efectos producidos polas maquinarias de guerra(ou sexa as forzas armadas)no seculo pasado, hoxe é financiada polas mesmas forzas que,en certo modo, deberian combater???
Pois a explicacion dos integrantes da mesa non puido ir mais alo.Pensando que tiñan diante un nacionalista independentista comunista(cousa que non son inda que meu chovinismo ourensan ás veces roza o delirante)se limitaron a dicir que as forzas armadas eran tamen españolas.E a min que mais me da!!Coma se son galegas!!A sua natureza é diametralmente o posta á da cruz vermella...pero claro...o capital o poñen eles e...