[GzVideos] III Roteiro da Vergoña pola supresión da simboloxía franquista (A Coruña)
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou o pasado sábado 5 de Xullo un “Roteiro da vergoña” que vindicou a eliminación do rueiro da cidade de calquera referencia ou símbolo franquista que aínda perdure.
Son moitos os casos, como a rúa General Sanjurjo, División Azul, Alférez Provisional, o hospital Juan Canalejo… mentres que o edificio do concello conserva intactas as vidreiras co escudo franquista e considera aínda como fillo predilecto ao dictador. Varios ilusionistas, entre os que se atopaba o mago Antón, acompañaron a marcha, e incluso conseguiron que a estatua de Millán Astray (fundador da Legión española) desaparera misteriosamente. Iso e moito mais no video que editamos.
Boas visualizacións!
http://gzvideos.info/3%c2%aa-marcha-civica-pola-supresion-da-simboloxia-franquista/