galiza.indymedia.org
25 de xullo, Día da Patria Galega
www.cutgalicia.org , 24.07.2008, (Id: 16534)
O vindeiro 25 de Xullo Día da Patria Galega a CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES (CUT), na súa dinámica de acción sindical socio-política en defensa dos intereses de clase, e de avanzar na perspectiva de unha Galicia Soberana e de Esquerdas, acudirá a Santiago de Compostela denunciando unha vez máis a gravidade da situación económica que está a afectar ao conxunto dos traballadores e traballadoras, nunha escalada de despedimentos, de precariedade e sinistrabilidade laboral alarmante.


Son os efectos tantas veces denunciados da política capitalista e neoliberal que protagonizou o PSOE a nivel de Estado, xa sen a demagoxia do denominado “talante social”, e que en Galicia se proxectou en negativo e a galega, escenificada polo Goberno bipartito da Xunta, do que temos que salientar, nesta data chea de simbolismo, o timoratismo autonomista do BNG, sen afonda-lo máis mínimo nos graves problemas que nos afectan como País. Polo tanto desde a C.U.T. seguiremos na loita pola liberación nacional e social de Galicia que só rematará cando acabe a dependencia económica, política e cultural.

Por unha Galicia Ceibe e sen explotación!!

Galicia, 22 de Xullo de 2008.