galiza.indymedia.org
1ª crónica da caravana cara Chiapas
fugaemrede , 30.07.2008, (Id: 16595)
Umha companheira de fugaemrede envía-nos a primeira crónica da nossa intervençom na Caravana Nacional e Internacional de Observaçom e Solidariedade com as comunidades zapatistas. Nums días umx novo compa sumaráse-lhe.
Hoxe as 10.00 pm sae a Caravana Nacional e Internacional de Observaciòn e Solidaridade coas comunidades zapatistas. Onte houbo unha reuniòn da xente chegada de Europa , as comisiòns formadas en Atenas, asumiron`parte da organizaciòn en colaboraciòn coa Comisiòn organizativa mexicana . Os italianos coordinan a C. de informaciòn e os gregos a C. de Finanzas os españois asumiran a do rexistro da caravana. Os itelianos (74) Gregos (35) veñen moi ben coordinados, os do estado espanol (67) non nos coñecimos ata a reuniòn de onte , aunque son moitos os que se incorporan en S. Cristobal, tamèn hai franceses, suizos.....en menor nùmero( somos sobre 196 europeos). Toda a informaciòn sobre a caravana pretende reunirse na pàxina de europazapatista que quere dar un seguimento dos 10 da caravana. Despois houbo unha platica dos compas mexicanos, onde explicaron a situaciòn actual das comunidades zapatistas e o programa da caravana. Moi interesante a platica sobre a situaciòn das comunidades zapatistas , cabe destacar aparticipaciòn de Rodrigo do colectivo Sin Rostro que nos explicou o actual funcionamento organizativo no territio zapatista e os avances en materia de educaciòn ,sanidade, agroecoloxìa. Despois Sergio Rodriguez director da revista Rebeldìa analizou a actual situaciòn represiva nas Comunidades e Juan Chavez membro do Congreso Nacional Indìxena nos deu a benvida e agradecemento a Caravana. Os representante da Comisiòn mexicana : Alejandro de UNIOS e Gerardo de UNOPI organizaciòns que asumiron xunto co EZLN a organizaciòn da mesma nos explicaron os detalles da saìda e distribuciòn das persoas, tamèn agradeceron a proposta saìa de Atenas e dixeron que a caravana xa dera seus frutos pois foron liberados 7 presos zapatista e forzas do exercito retiraronse de Crutzo e soltaron o detido Todo esta preparado, e con moita ilusiòn camiñamos na procura da xustiza e o recoñecemento do territorio indìxena Un saudo dende o Otro Mèxico T Podedes seguir a info na web de Fugaemrede e em Europazapatista

um, 30.07.2008 (Id: 11840)

Que bem que vamos a ajudar aos de Chiapas, imos no nosso avión pagando um luxazo pola viagem e estando alá ajudando.

Coa de cousas que hai que fazer neste país imonos a outro a colaborar porque somos mais guays.

Estos piji-revolucionarios danme a risa, pagandolhes papá as viages para ver os problemas dos demais paises sem ver o que hai na casa e logo fazer os seus comentarios no indymedia.




Adelaida, 30.07.2008 (Id: 11844)


A controversia está a orde do día. Ao vivir en occidente para algúns representamos unha cultura imperialista que non nos pertence, a de colonizadores, cando somos nós tamén as/os oprimidos. Entre pobos debemos axudarnos para emanciparnos dos opresores.

Unha mágoa dos independentistas é que algúns nos miramos o embigo máis do que deberiamos e ás veces semella que nos esquecemos do resto do mundo, cando outras persoas viven moito peor ca nós.

Hai moitas cousas que facer na Galiza, mais o internacionalimo é imprescindíbel. É un deber revolucionario.

Parabéns para os de Fuga en Rede, que seica non van de vacacións, senón que é fan un traballo bastante complicado.

Mofarse é doado e coido que un erro neste caso.




um, 30.07.2008 (Id: 11846)

Nom o vejo coma ti dis, ja que me parece um pijismo dos modernos estes que se aburrem moito, parece que vam facer umha mani: "Chiapas nom se vende, Galiza sim".

E moi fazil dizer que en Ecuador están a especular as multinacionais e fastidiando os nativos e mil historias defendibeis, mais nom é certo que temos na Galiza múltiples sitios iguais??, O Courel, Monteferro, toda a costa, as serras cos muinhos, as hidroeléctricas, etc.

Logo também e moi fazil dizer que os Mapuches estám oprimidos polo Estado e som encarcelados e multados. E eiquí nom passa o mesmo ou que?, temos presos políticos, xente oprimida polo Estado a diario, etc.

Tambén e moi común criticar o emprego basura e os riscos laborais em México e todo iso, mais eiquí ha mortos cada pouco por culpa das condiçoms laborais e as penosas condiçoms de salario e meios cos que se trabalha.

Por eso critico a xente esta que fai viagems que custam um pastom para luitar por casos moi loabeis desatendendo as luitas que tem na casa.




:-D, 31.07.2008 (Id: 11847)

Di que si, adelaida: já o dixo a Madre Teresa de Calcutá.




bardo, 31.07.2008 (Id: 11848)

Ao igual que na Guerra Civil chegaron camaradas dende Londres, os EEUU, francia... hoxe en día é necesario que nos, como seres humanos compremetidos acudamos na axuda nos nosos camaradas cando sexa necesario.

E se somos chamados pelo EZLN moitos non dubidaremos en coller a 3030 e ir para o frente!!




moderna, 31.07.2008 (Id: 11850)

Poderías deixar de dar voltas perseguindote o rabo mentres te miras ao embigo e darme un so argumento polo que non podemos ir a Chiapas?
Eu o que vexo é un evidente prexuizo cara algunha xente que non che gusta. Dime, tería que deixar Briga de pagar viaxes a brigadistas a Euskal Herria pra encontros internacionais? Debería deixar o PCE de pagar viaxes a brigadistas a Cuba? Poderíasme explicar a diferenza entre estes dous exemplos e o caso que nos acupa?
Acaso non consideras enriquecedor aprender das experiencias revolucionarias doutros lugares? non consideras que a interculturación é importante e nos dá unha serie de ferramentas que pode ser que non tenhamos? estás en contra de compartir miliancia con persoas doutros lugares? Militas en Democracia Nacional? Tes algo en contra dos indíxenas de CHiapas? da loita zapatista? da loita dun pobo pola autonomía?
Non te parece que estás a manter unha actitude un tanto reaccionaria? Por qué non calas e continuas a comer a banana, meu ben?




comochoconto, 31.07.2008 (Id: 11854)

Bem, primeiro dizer que nom conheço persoalmente às brigadistas, e dou por suponher que quem tanto as crítica tampouco, pelo que é moi aventureiro dizer que sejam pijas a quem lhe sobram os quartos.

Sim conheço a várias pessoas galegas que tenhem feito viagens solidários (na altura, nom sei si conhecerei a algumha das que formam parte desta caravana), e podo assegurar que, TODAS ELAS som pessoas moi comprometidas com a luta cotidiá do que se passa na Galiza, som pessoas que estám nas lutas contra os cárceres, nas lutas na defessa do mar e da terra, gente anti-sistema que trabalha moi activamente em centros sociais e em medios aternativos de informaçom, pessoas que as podes ver nas lutas contra o fascismo, o razismo, o sexismo e contra as forzas de ocupaçom, pessoas que trabalham arreo todo o ano para aforrar quartos para poder viajar e aprender novas experiências doutras lutas e que nunca vam em plam 'missioneiras' nem 'maes calcutas', gente que assume o internacionalismo militante como jeito de mudar as injustizas sociais do planeta e que está a jogar-se a pel em zonas moi conflictivas para ajudar e aprender. Algumhas perdem às suas vidas em zonas de conflicto como se passou recem com as compas mejicanas desprazadas à selva equatoriana junto às FARC, assassinadas vilmente pelas forças armadas colombianas.

É moi doado criticar e moi egoista pensar que só loitando na tua parcela vas conseguir mudar a situaçom económica mundial.

Viva o internacionalismo dos povos em rebeldia.

Ánimo às compas de Fuga em Rede e demais brigadistas e muito obrigado pela vossa laboura. Ficarei atento às vossas derivas pelas terras zapatistas.




um, dos, tres, 31.07.2008 (Id: 11862)

bota-se de menos organizaçoes que organicem o a solidariedade internacinalista. Parabens a fuga em rede, vaiam em aviao, barco ou com os veículos da masa crítica. Parabens pq enriquece, favorese o intercambio de esperiências, e sobre tudo, nao fez mal. Milhor isso, que ir de cadelo coa namorada para Roma, a passeiar e olhar fontes.
Na medida do possivel é conveniente desde o meu parecer, que determinadas pessoas deste pais, deixem já de fiscaliçar o comportamento dos demas, julgando o que é bom e o que é imprescindivel, aburre. E nao só isso, empobrece a imagem que ha sobre o movimento independentista, e o fez messianico.
Como a de UM, é só uma opiniao.




zas, 01.08.2008 (Id: 11863)

Ben é certo que para chegar a chiapas necesítanse 1000 euros que non os ten calquera; despoixa a vida é ben mais barata que na galicia, que xa está no primeiro mundo e os pobres teñen paro ou avó pensionista, champú, armario cheo de roupa e nevera atascada de comida, incluidos os independentistas e bloqueiros que fan pais mais que clase, que por certo está embrutecida polo consumo idiota e o deporte alienante-esperamos a crises social rompa o muermo e os ruido tribales.
Por outra parte a alternativa zapatista vai mas alá do fracasado marxismo-leninismo e do parche socialdemócrata que practican por eiquí os patriotas anacrónicos do socialismo nun soi pais.

VIVAN AS COMUNAS ZAPATISTAS!




marxista-leninista, 01.08.2008 (Id: 11865)

Oes zas! Para se defender dos insultos de certos trolls non fai falla insultar, porque te pos ao mesmo nivel. O marxismo-leninismo defendémolo persoas con vontade liberadora e internacionalista. Que acaso fracasou? É discutíbel. Ao longo da historia da nosa especie, todas as revolucións emancipadoras fracasaron varias veces antes de vencer. Os primeiros experimentos non saíron alá moi ben pero iso serve para aprender dos erros.
Para min o maxismo-leninismo é unha ferramenta moi útil para os oprimidos, e o será.
Por outro lado non entendo as "críticas" a Fuga em Rede. Fan unha labor realmente admirábel e alonxada de concepcións reprovábeis como o chamado "turismo revolucionario". Nesta ligazón hai unha revista cunha entrevista moi interesante a este colectivo.  http://www.adiantegz.org/index.php?option=com_remository&Itemid=31&func=fileinfo&id=15
Penso que se está a instalar neste Indy a cultura de criticar por criticar
e pode chegar a ser perigoso. Portais como La Haine víronse obrigados a retirar a opción de facer comentarios ao chegar un intre no que a situación era irrespirábel.
Un saúdo a Fuga!