galiza.indymedia.org
DENDE `A REALIDADE´(Caracol Zapatista). Corazón da autonomía indíxena, mar dos nosos soños, cara á esperanza.
FugaEmRede , 05.08.2008, (Id: 16644)
Esto semella ser un soño...


DENDE A REALIDADE. Corazón da autonomía indíxena, mar dos nosos soños, cara á esperanza.

04-Ago-2008

Esto semella ser un soño, mais è a realidade, sí, se imita a cando un soña durmindo, pero este soño e dos de cando está un desperto, quero dicir ke e moi real, a realidade pois. Onde agora hai un forte sistema de saúde anticapitalista impulsando por exempo a capacitación de promotor*s de saúde zapatistas co coñecimento ancestral das herbas, a área de herbolàrea ke lle chaman akí. Podería falarvos tamén da especialización en odontoloxia, das parteras ou da fabricación de cloro orgánico. Tamèn podo falarvos do dereito a decidir conkistado polas mulleres. En fin, moitisimas áreas e cuestións ke para detallar habría ke escrivir un libro, e nin así...

Onde antes non había hospitales, nin oportunidades de saúde, e cloro químico e contaminante do mal goberno ou grandes latifundios con terratenientes ke mantiñan aos indixenas en rexime de esclavitude, onde habìa mulleres obrigadas a ter fillos co patrón e, polo marido e sin poder decidir cantos e estou falando de apenas unha década. Agora, agora sí, a autonomia vai!!

Pero non vos vou a falar de pobreza, de miseria, mais ben e o día de falar de logros, dos grandes logros destes pobos loitadores, dignos diria eu, envexables en multiples aspectos da humanidade, envexables para os ke non sempre podemos ver mais aló do noso embigo. Como poder expresar con letras.....



Estou escrivindovos dende a Selva Lacandona dende a comunidade autonoma zapatista de 'La Realidad', como participante da Caravana Nacional e Internacinal de Observación e Solidaridade coas Comunidades Zapatistas de Chiapas. Como moit*s de vos sabedes, ésta e una caravana impulsada dende Europa a raíz de unha longísima xira por diversos paises europeus de Ernesto Ledesma menbro do C.A.P.I.S.E encargado de contarnos as graves enbestidas do estado mexicano contra as dignas comunidades zapatistas de Chiapas (aínda ke non son as únicas agredidas de este incríble e diverso pais) a sùa vez a xira derivou nun encontro europeu en solidaridade co zapatismo en Grecia. Dese encontro se acorda ke saia unha caravana europea a Chiapas, ke màis tarde se convertiu na Caravana Nacional e Internacional a Chiapas.

O terrorismo de estado akí é tremendo. O motivo coma sempre, os grandes negocios dos grandes capitalistas ke keren ver a estos pobos mortos, ou como un mero elemento folclórico ke produce artesanía e turismo, pero non os keren cos seus usos e costumes ke melloran día a día. O goberno lacaio das multinacionais quere expulsar a estos pobos orixianarios con paramilitares e exército das terras ke co sangue derramado recuperaron aos rancheros latifundistas e esclavistas. O motivo coma sempre, xa vos digo, a rikeza de estas terras, ouro, petroleo, plantas para usos farmaceuticos, minerais, ecoturismo, esos son os nomes ke os sakeadores lle dan a os seus negocios sucios.

Compas, akí estan exercendo a sua autonomía, o seu sistema de información, saúde, educación, agricultura, transporte etc. Estan facendo seu soño posible, o ke o mal goberno non kixo recoñeocerlles e, por eso estamos akí. Estano exercendo con respeto e con xustiza. Os pobos deciden e as 'Juntas de Buen Gobierno' exercen co máximo tacto e cariño posible. Chegar ata akí levounos nove horas dende San Cristobal de las Casas, este e o caracol número 1 e, nestas montañas hai zapatistas ke teñen ke portar armas para defender a estos pobos, non as estan usando, o mal goberno sí, estamos akí, para decirlle *s zapatistas unha vez mais ke non están sos, ke non están soas!!

Hai ke aclarar, para ken non o saiba, ke a autonomía e exercida polas bases de apoio, e dicir zapatistas civiles. Pois esto e o pouco que podo contar para non caer pesado. Como membro de Fuga Em Rede, dende 'La Realidad'.Municipio Autónomo Rebelde Zapatista de San Pedro de Michoacan. Zona Selva Fronteriza. Chiapas, México. 1º de Agosto de 2008.

 http://chiapas.indymedia.org/display.php3?article_id=157996

 http://www.europazapatista.org/

 http://chiapas.indymedia.org/article_158038