galiza.indymedia.org
Abstracta arte macabra
Rubén Pérez Sueiras , 07.08.2008, (Id: 16665)
Réplica á entrevista de Luis Alvarez, organizador da feria taurina de A Coruña, publicada no xornal La Opinión o día 7 de Agosto.

¿Arte?
¿Arte?

Lendo a entrevista con Luís Álvarez, empresario multitemático, e organizador da feira taurina da Coruña; véñenme á cabeza algunhas cuestións que debería apuntar.

Cando esta persoa cualifica de éxito o número de abonos vendidos, ao redor de 1500, non menciona o aforamento do espazo, unhas 9.000 persoas segundo o Ministerio do Interior, o que significa que non se chegou nin ao cuarto de capacidade en abonados. Isto quere dicir que só esta cantidade é o aforamento seguro de cada día neste ano.

Fala de afección, de penas, de moitas vendas. Que afección pode haber en Galicia?, onde o 86% da poboación non demostra interese algún por este festexo. O señor Luís demostra vivir apartado da realidade, Galicia non é taurina e nunca o será; e senón dea unha volta por calquera cidade galega e pregunte aos viandantes. Por certo, a afección baixa; a media de idade de asistentes ás corridas rolda os 50 anos, mala cifra para quen se empeña en perpetuar a tortura pública a un ser vivo.

Descoñezo cando chegará o día que vostede e moitos como vostede falen sen vomitar mentiras. E descoñezo tamén cando será o día en que digan canto diñeiro reciben das arcas municipais, do diñeiro de todos; un diñeiro manchado de sangue e sufrimento para o deleite duns poucos.



Rubén Pérez Sueiras é coordinador de Libera! e membro de Galicia, mellor sen touradas.

Altisidora, 18.08.2008 (Id: 11930)


A subvención de touradas con diñeiro público é un xeito de prevaricación introducido na cidade da Coruña polo Fascista Paco Vázquez. É diñeiro perdido, non fica na Galiza, non cumpre nemgunha tarefa social e ademáis subvenciona un xeito de TORTURA.

Denunciemos a prevaricación nos concellos galegos. Manifestemos a nosa repulsa contra a trotura dos animais e das persoas.