galiza.indymedia.org
En Acción perante a Mudanza Climática
Verdegaia , 28.08.2008, (Id: 16834)
Este último fin de semana de agosto (30 e 31 de agosto) chega a Vigo, a campaña “Non queremos naufragar! En Acción perante a Mudanza Climática” que está levando a cabo Ecologistas en Acción por todo o litoral español, e coa colaboración de Verdegaia a nivel galego.

-

-


Este último fin de semana de agosto (30 e 31 de agosto) chega a Vigo, a campaña “Non queremos naufragar! En Acción perante a Mudanza Climática” que está levando a cabo Ecologistas en Acción por todo o litoral español, e coa colaboración de Verdegaia a nivel galego.

A campaña pretende informar sobre os impactos da mudanza climática na costa e sobre as medidas de prevención que se poidan tomar. Consistirá nunha serie de actividades de sensibilización durante os días 30 e 31 na praia de Samil (Vigo), onde se instalará unha pequena carpa e repartirase información. Haberá tamén actividades lúdicas para nen@s, e instalarase unha exposición.

As zonas máis vulnerables á Mudanza Climática son as zonas costeiras, pola gran incidencia dos impactos (aumento da temperatura e suba do nivel do mar, aumento da enerxía da ondada, perda dos ecosistemas mariños...) e pola cantidade de persoas que viven no litoral.

O sábado día 30 de agosto ás 20h, levarase a cabo a proxección dun documental da campaña no Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160 Alcabre – Vigo), seguido dun posterior debate onde esperemos contar coa participación do público.

O programa en Vigo será o seguinte:

Sábado 30:

11h Rolda de Prensa (Museo do Mar)
12-14h Actividades na praia

17-20 Actividades na praia
20 h documental e debate posterior (Museo do mar)

Domingo 31:

11-14h Actividades na praia
17-20h Actividades na praia

A mudanza climática é un fenómeno do que moita xente escoitou falar pero poucas persoas poderían explicar en qué consiste, cómo lles inflúe ou cómo poder evitalo. A comunidade científica cualifícao como o problema máis grave e amplo ao que se enfronta a Humanidade, polo que se fai necesario un coñecemento do mesmo e pór en marcha as medidas necesarias para frealo.

Por esta razón, dende Verdegaia, animámoste a asistir tantos as mesas formativas da praia como ao documental sobre Mudanza Climática o sábado 30 de agosto no Museo do Mar.

Máis información: 619 217 204
 http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?rubrique198