Por segundo ano consecutivo, unhas 500 persoas acudiron á convicatoria do colectivo vigués Xogo Descuberto para a reclamación do uso público da illa de Toralla.
Por terra e por mar as piratas “asaltaron” a illa para reivindicar que Toralla é de todxs. Desta vez, o significativo aumento de bucaneirxs nesta “abordaxe” contra a especulación viu acompañado dunha numerosa presenza de forzas represoras. As piratas que decidiron concentrarse diante da barreira que impide o acceso á illa tiveron que aturar as presións e hostilidades policiais.
Ao final do video poderedes ver tamén imaxes da concentración convocada pola rede A Ría non se Vende, para protestar pola celebración do campionato do mundo de barcos monocasco (Powerboat) en augas da ría de Vigo.
Podedes ver o vídeo aquí:
http://gzvideos.info/ii-reconquista-de-toralla-08/