galiza.indymedia.org
Retornos a calquer prezo, o Estado Espanhol insiste na repatriación de menores migrantes non acompanhados sen garantías
euquesei , 24.10.2008, (Id: 17303)
Nom é o primeiro informe no que Human Rights Wach denuncia o trato que recebe a poboación migrante por parte do Estado Espanhol
É o título dun informe de 25 páxinas publicado hai unha semana por "Human Rights Wach"  http://www.hrw.org/.

Nel denúnciase entre outras cousas a falta de protección legal dxs menores de idade. A diferenza dos adultos, que dispoñen de asistencia gratuita, os menores quedan privados de recurrir sentencias que afectan fundamentalmente ás súas vidas e que poden deixar ós menores retornados nunha situación de risco para a súa integridade.

Pese a que a lexislación internacional establece que un menor non acompanhado so pode ser repatriado dacordo co seu interese superior e sempre que se lle poda ofrecer unha proteción adecuada, o Estado Espanhol, amparandose na falta dun regulamento expecífico, exerce de xuiz e parte, iniciando a administración procedementos de repatriación de menores dos que son á vez representantes legais.

Os acordos que o Estado ven de asinar con Senegal e Marrocos para a repatriación de menores carecen tamén, según HRW, de garantías procedimentales básicas. O Estado esta a construir centros nestes paises, o cal axiliza as repatriacións a costa de deixar xs menores en máns de paises que carecen dun sistema en activo de protección de menores.

Outro fenómeno sintomático do atropelho que está a facer o Estado é a anulación reiterada de repatriacións por parte dos tribunais, por violacións das obligacións procedimentais e os dereitos do neno. Sen embargo, estes tribunais soio revisan unha parte de todas as decisións de repatriación de menores. Ademáis no 2007 a policía espanhola, alomenos en dous casos identificados polo “Defensor del Pueblo” procedeu á expulsión de menores de idade sendo conhecedores da suspensión cautelar da execución da resolución de repatriación.

Acceso ó informe completo (Espanhol).
 http://hrw.org/reports/2008/spain1008/spain1008spweb.pdf