Apoio ante o xuizo en Coruña aos compas agredidos en 1999 en Teixeiro
Comisión de Denuncia da Galiza
,
25.10.2008, (Id: 17313)
En novembro de 1999 , tres compañeiros presos do modulo de isolamento da macrocadea de Teixeiro denunciaron ter sido torturados por varios carceleiros. O dia 30 de outubro , ás 9.30 horas ,no xulgado penal dous de A Coruña, os denunciantes desa agresión ven ser xulgados por atentado e resistencia.As vitimas de novo criminalizadas
En novembro de 1999, tres compañeiros presos que se atopaban no modulo de isolamento da macrocadea de Teixeiro (onde as denuncias por malostratos aos presos son cotias) denunciaron ter sido agredidos por varios carceleiros. En concreto , denunciaron ter sido golpeados reiteradamente e engrilletados durante catro días. No expediente constan partes médicos de asistencia aos presos compatibeis ca agresión denunciada polos compañeiros. Consta, asemade, que dende as 13 horas do dia cinco de novembro até as 11 horas do día dez de novembro, os tres compañeiros estiveron sometidos a suxeición mecánica , esto é, engrilletados durante catro días seguidos nos que non se acredita , segundo declaración dos carceleiros nas suas declaracións como imputados , que foran ceibados en nengun momento. Este exceso cruel foi comprobado en auto de xuiz de vixiancia penitenciaria de A Coruña no expediente 9108/1999, que remitiu o expediente ao xulgado de Betanzos a fin de que se incoara o pertinente proceso penal por delicto de tortura contra os carceleiros.
Mas para garantir a impunidade por estes feitos actuaron os xulgados de instrucción de Betanzos que , a pesares destes feitos constatados (CATRO DIAS ENGRILLETADOS!!!!) , arquivaron a causa penal contra os carceleiros porque da tortura “non existen probas, nen existirán”.Estes feitos sucederon non en China , nen Guantánamo ou Abu-Graibh , senon en Teixeiro , a media hora de Coruña e Compostela. E foi no ano 1999, na nosa consolidada democracia, non durante a Dictadura de Franco.
Agora , nove anos despois , o dia 30 de outubro de 2008 , as 9,30 horas no xulgado do penal 2 de A Coruña , os tres compañeiros victimas deste abuso de poder trocanse en acusados , con peticións por parte o Ministerio Fiscal de penas de prisión para os tres por delictos de atentado e resistencia.
Outravolta , como a milleiros de pres@s no estado español , o que denuncia torturas na prisión non só atopa que non é quen de crebar a impunidade , senon que é criminalizado e sofre unha dura sanción penal que alongan a sua estancia na cadea. En tanto , xerarcas “progres” da institución carcelaria , como Mercedes Gallizo , recentemente condecorada por unha asociación galega , permiten que funcionarios deste “talante” sigan facendo o seu “traballo”.
Se o xoves día 30 de outubro , a eso das 9 media tes unha hora , porque o curro , os estudos , ou as tuas obrigas cho permiten , pasa pola sala de vistas o xulgado penal 2 de A Coruña , para amosar o teu apoio aos compañeiros inxustamente acusados. E para que saian do anonimato no que tan ben se atopan carceleiros como os que manten a tres persoas engrilletadas durante catro días.E logo inda din que son traballadores e sindicados!
Esperamoste! Esperante!