galiza.indymedia.org
Xornadas anti-sgae
Xogo Descuberto , 28.10.2008, (Id: 17348)
Arrincamos por fin! Un proxecto con intención de continuar; así que admítense propostas ou colaboracións para a seguinte en tódolos ámbitos.
Polo momento un par de proxeccións, dous concentos e unha palestra...

cartaz e programa
cartaz e programa

Deixamos máis información sobre as proxeccións que nos ofertan as compañeiras da Cova:

Martes 28 de outubro:

Retransmisión en directo dende a Sala Apolo, Barcelona: Os "oXcars", primeiros premios internacionais da cultura libre.
O maior evento internacional da cultura libre de todos os tempos. Unha gran gala non profit aberta a todos.
Máis de 100 artistas involucrados…un total de 16 actuaciones…7 horas non-stop de cultura libre…

+info:  http://exgae.net/los-oxcars

Mércores 5 de novembro:

Copyright 2.0" de Daniel Muños e Ruth Ponce, 2006. 35min.
Documental Creative Commons. Un grupo de amigos está a montar un grupo, comezan a definirse, nome, primeiros concertos, e inician unha exploración para coñecer todas as opcións sobre dereitos de autor.

+ info:  http://www.broncoillustration.com/copyright_2_0/