M. Vázquez
,
28.12.2008, (Id: 18023)
Primeiras crónicas dos medios locais sobre as mobilizacións do sábado 27 de Decembro após o devastador bombardeo aéreo sobre Gaza.
O Centro de Medios Independentes de Israel está a difundir información sobre as primeiras mobilizacións contra as operacións militares en curso (
https://israel.indymedia.org/newswire/display/9995/index.php)
Segundo Ilan Shalif, histórico activista da extrema esquerda hebrea involucrado na actualidade na insurxencia contra o Muro e o colectivo Anarquistas Contra o Muro, unhas mil persoas acudiron á convocatoria desta tarde na praza Cinemateque de Tel Aviv, onde baixo a lenda "Hoxe paramos a guerra" se celebrou unha asemblea de urxencia e unha manifestación.
Un dispositivo de centos depolicías impedíu que a marcha se dirixise ao centro da cidade, polo que as manifestantes se dirixiron ao complexo militar do Ministerio de Defensa.
Seis manifestantes foron arrestados por cortar o tráfico e permanecerán detidos toda a noite.
Sobre as mobilizacións en Xerusalén Este e Cisxordania a única crónica publicada por agora nos medios palestinos é a da axencia Ma'an que aquí segue:
Mobilizacións en toda Cisxordania após a hecatombe en Gaza
Ma’an – Belén – Actualizado ás 20:17, hora local - As palestinas saíron ás rúas este sábado nada máis aparecer nos media as novas sobre un masivo ataque aéreo sobre a Faixa de Gaza. Producíronse enfrontamentos en Hebrón e Xerusalén Este cando os manifestantes se atoparon coas tropas militares israelís.
Hai ducias de feridos leves. En Hebrón canto menos 40 persoas foron afectadas pola inhalación de gases lacrimóxenos, mentres que en Xerusalén houbo ducias de detidas.
Manifestacións espontaneas tiveron lugar en Xerusalén Este, Ramallah, Nablús, Tulkarem e o campo de refuxiados de Ad-Duheisha, mentres en Hebrón e Belén houbo marchas organizadas previamente.
Estouparon enfrontamentos violentos entre xóvenes palestinos e o Exército israelí no campo de refuxiados de Shufat, Qalándia, Ar-Ram e Al-Isawiya onde a xuventude levantou barricadas con neumáticos ardendo e lanzou pedras aos soldados.
Xerusalén Este
A mocidade reuniuse despois dunha chamada de Demitri Deliani, lider de Al Fatah, a unha reacción ante a violencia en Gaza. Tamén Demitri anunciou a organización para a transfusión de sangue para os feridos de Gaza.
Bandeiras negras foron ondeadas pola cidade e foi declarada unha folga de comercio.
Hebrón
Canto menos 40 estudantes sufriron a consecuencia da inhalación de gases lacrimóxenos cando centos de manifestantes se enfrentaron ao Exército nas rúas de Hebrón, varios foron levados ao hospital para recibir atención médica. Houbo lanzamento de pedras a os soldados no check-point da rúa Ash-Shuada.
Centos de estudantes da Universidade de Hebrón, Universidade Aberta Al-Quds e a Universidade Politécnica de Hebrón marcharon pola cidade chamando ao final da violencia, cantando contra a ocupación e polo cesamento das rivalidades entre palestinos.
O grupo desprazuse ata o barrio de Az-Zawiyah, onde se producíu a confrontación da rúa Ash-Shuada.
Tulkarem
O Gobernador de Tulkarem uniuse aos centos de palestinas que protestaron nas rúas o masivo ataque aéreo sobre Gaza.
Os participantes pediron a presión da Comunidade Internacional para o fin das operacións israelís en curso. Foi declarado un día de loito na cidade.
Ramallah
Al Fatah convocou unha manifestación de centos de persoas e chamou a unha folga que pechou os comercios da cidade. Manifestantes e institucións internacionais ergueron bandeiras e cantos como "unha sangue, unha nación, Gaza estamos contigo".
Un funcionario palestino do ministerio para os presos Ziyad Abu Ein declarou que o acontecemento amosou que a unidade dos palestinos pode opoñerse á agresión israelí e chamou á unidade das palestinas en días de loito.
O membro do Consello Lexislativo Palestino Mustafa Barghouthi asistíu á manifestación e calificou as últimas accións do Estado de Israel como "un dos seus crimes máis duros contra os palestinos", a máis de condear o silencio de algúns estados árabes.
Ayman Daraghmeh, tamén representante no CLP, chamou á Autoridade Nacional Palestina a finalizar as súas negociacións con israel inmediatamente.
Belén
Unha manifestación espontanea estoupou no campo de refuxiados de Ad-Duheisha tan pronto como se coñeceron as novas da masacre en Gaza así como a información sobre unha manifestación máis ampla no centro da cidade para a tarde.
Organizacións da sociedade civil palestina convocaron unha manifestación para a tarde do sábado na Basílica da Natividade.
M. Vázquez,
28.12.2008 (Id: 12739)
Crónicas de activistas do Movemento de Solidariedade Internacional desde Gaza.
> 28 Dec. Vivendas civís, mezquitas e centros médicos son o obxetivo de novos ataques aéreos israelís (Crónica en inglés):
http://www.palsolidarity.org/main/2008/12/28/civilian-houses-and-medical-centres-targeted-by-israeli-air-strikes/
> 28Dec, 7:00 am. Lanzan Misil sobre unha farmacia en Rafah (Crónica en inglés máis video):
http://www.palsolidarity.org/main/2008/12/28/israel-targets-pharmacy-in-rafah/
> 27 Dec. Video dos momentos posteriores aos primeiros bombardeos, testemuñas subtituladas ao inglés:
http://www.palsolidarity.org/main/2008/12/28/video-of-the-devastation-in-gaza/
Fotoreportaxes das protestas de onte na praza Cinemateque e no barrio de Jaffa, en Tel Aviv. Por Active Stills; colectivo de fotografía documental independente
> Cinemateque Square:
http://flickr.com/photos/activestills/3142491546/
> Old Jaffa:
http://flickr.com/photos/activestills/3142101355/
M. Vázquez,
28.12.2008 (Id: 12740)
Oren Ziv, un mozo hebreo do Colectivo Active Stills atópase en Gaza cubrindo a Operación Liderazgo Sólido en curso.
Fotografías desta mañá:
http://www.flickr.com/photos/activestills/3143243069/
M. Vázquez,
28.12.2008 (Id: 12742)
Arafat Rateb Khawaje, de 22 anos foi asasinado hoxe durante unha manifestación en Ni'lin contra a masacre que o Estado israelí está a cometer en Gaza. Mohammed Kasim Khawaje, de 20 anos, atópase en estado crítico no hospital de Ramallah.
Ambos foron disparados con munición real.
Arafat é o terceiro asasinado en manifestacións contra a ocupación israelí na vila de Ni'lin, que actualmente é central nas alianzas entre os movementos autónomos palestinos, israelís e globais.
> Fonte orixinal:
http://www.palsolidarity.org/main/2008/12/28/israeli-forces-kill-resident-of-nilin-and-leave-another-in-critical-condition-during-solidarity-protest-with-gaza/
> Fotografías da loita de Ni'lin durante o pasado verán:
http://www.flickr.com/photos/mvazquez/sets/72157610645841926/
Algunhas informacións en italiano:
> A ANP colaboracionista, prepárase para sustituir a Hamás (italiano):
http://www.infopal.it/leggi.php?id=10214&PHPSESSID=3eb82495e2999528398c730d61f61f28
> Quando questo nuovo Olocausto avrà fine? por Vittorio Arrigoni (Movemento Free Gaza):
http://www.globalproject.info/art-18378.html
> Minuto a Minuto en La Republica:
http://www.repubblica.it/2008/12/dirette/sezioni/esteri/striscia-gaza/gaza-28-dic/index.html
M. Vázquez,
28.12.2008 (Id: 12743)
Centos de palestinas de Gaza fuxen a Exipto despois de que os ataques do Exército israelí sobre os pases subterraneos ao Sinaí abertos durante este último ano rachasen o muro.
> Fonte directa (inglés):
http://www.haaretz.com/hasen/spages/1050618.html
> Recente reportaxe de Electronic Intifada sobre os tuneis entre Gaza e o Sinaí (inglés):
http://electronicintifada.net/v2/article9912.shtml
M. Vázquez,
28.12.2008 (Id: 12744)
Precísanse ciruxáns para mañá en Gaza.
Ás 16:00 saída en Barco desde Chipre con destino a Gaza. Xa hai equipamento e vari+s doutor+s.
Interesad+s contacten con Saif Abu Kishik no 685900540
Palestina vencerá,
30.12.2008 (Id: 12777)
HOJE DIA 30 AS 20H. NA PEREGRINA DE PONTE VEDRA CONCENTRAÇOM EM REPULSA Á MASSACRE NA FAIXA DE GAZA
Murxido,
30.12.2008 (Id: 12779)
Hoxe dia 30 as 20:30 concentración no MARCO. En apoio o pobo palestino.