Chamamento dos comités populares palestinos
Moncho Vázquez
,
30.12.2008, (Id: 18038)
Os comités populares palestinos, institucións de autoorganización da loita contra a ocupación militar desde a Intifada das Pedras, acaban de lanzar un chamamento á acción desde a aldea de Bi'lin "a todas as partidarias da liberdade" en Palestina, Israel e o resto do mundo.
Chamamento a todas as partidarias da liberdade.
A todas as persoas libres do mundo... a todas as que piden liberdade e xustiza.
A toda que teña unha conciencia viva... a toda que ame a paz.
Os corazóns dos nenos en palestina chámanche. Os gritos das nais desconsoladas chaman polas vosas conciencias.
Preguntámonos como durme o mundo mentres os nenos palestinos son cortados en anacos. Descúlpennos, os nosos ollos están cheos de bágoas e os nosos corazóns entristecidos polas accións criminais da ocupación israelí que van alén do que podiamos imaxinar.
Tamén é duro ver o apoio dos gobernos do mundo para tremendos crimes, que están dando permiso a Israel para cometer máis e máis crimes.
Chamámosvos ao seguinte:
1.- A continuar coas manifestacións diante das embaixadas de israel e os vosos parlamentos.
2.- A un boicote serio a Israel a todos os niveis.
3.- A loitar para poñer aos criminais de guerra israelís diante dos tribunais.
4.- Chamamos á organización de accións de loita diarias a todos os comités populares de Palestina.
5.- Chamamos aos israelís que rexeitan a ocupación a continuar mobilizándose.
Xuntas podemos parar o derramamento de sangue... xuntas podemos traer a paz e a xustiza.
Comités Populares de Palestina.