galiza.indymedia.org
Xornada nacional de mobilización por Palestina
Xan Guindán , 09.01.2009, (Id: 18152)
As persoas participantes nesta concentración queren manifestar o seu rexeitamento máis categórico aos ataques cometidos contra o pobo palestino, e a súa solidariedade total e o seu apoio ca causa palestina.
Chamamos ao pobo galego a sumarse á protesta.

No 2006, Israel, os EEUU, a UE e algúns gobernos árabes, especialmente a ditadura exipcia, non respectaron a decisión dun pobo cando estes estados presumen de ser países democráticos, dende entón Israel, aproveitándose da complicidade dos EEUU, mantén un cruel embargo sobre a Faixa con tráxicas consecuencias para a poboación, mentindo descaradamente cando responsabilizan a Hamás do ataque e da ruptura da tregua.

Foi Israel, quen en ningún momento respectou a tregua; asasinando a máis de...700.....palestinos, entre eles mulleres e nenos, bombardeando hospitais, escolas e barrios civís coa escusa de buscar militantes de Hamás, cando é sabido que Israel dispón de satélites de alta tecnoloxía para a identificación de individuais.

Israel mantén unha política de campos de concentración, co obxectivo manifesto de ter controlada unha poboación, a palestina, ocupar territorios, roubar os seus escasos recursos naturais e destruír infraestruturas; casas; hospitais; centros sociais e culturais, sen respectar o Dereito Internacional nin as bandeiras da ONU.

Queremos denunciar a complicidade do estado español que xunto coa UE, toma parte por Israel, ao acusar ás vítimas da acción dos verdugos. Alén do máis, o goberno do PSOE é cómplice activo ao venderlle ao exército israelí moitas das armas que está a usar.

Esiximos que:

* Se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
* Se deteñan tódolos ataques e bombardeos.
* Abran as fronteiras para as axudas humanitarias, especialmente en Rafah, xa que dende o 2006 nin o 10% das axudas enviadas á Faixa de Gaza puideron pasar.
* A ONU lle outorgue a tódolos representantes lexítimos palestinos, incluíndo Hamás, a oportunidade de sentarse a mesa do diálogo ao igual que Israel.
* O goberno de ZP rompa as relacións diplomáticas e comerciais con Israel.
* A Xunta de Galiza se pronuncie contra Israel e en favor do pobo palestino.
* Se denuncie a venda de armas.
* Se promova o boicot aos produtos israelís e daquelas empresas que manteñan relacións comerciais con eles.
* Os medios de comunicación e a prensa internacional sexan neutrais.

ALTO AOS ATAQUES EN PALESTINA

SOLIDARIEDADE TOTAL CO POBO PALESTINO

GALIZA CONTRA A AGRESIÓN


Organizacións convocantes: ACSUR Galicia; ADIANTE; Asemblea Republicana de Vigo; Asoc. Francisco Villamil; ATURUXO / A Ghentalha do Pichel; BNG; BRIGA; CIG; Comité Defensa das Rías Altas; Comités; Corrente Vermella; Cosal – Coruña; COSAL – Santiago; CUT; DSI; Esquerda Unida; Esquerda Unida- Vigo; FPG; Fuco Buxán; Fundación Araguaney; GALIZA NOVA; ISCA!; MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES; Movemento pola Base; Mundo Sen Guerras; NÓS- UNIDADE POPULAR; Partido Comunista dos Pobos de España/ Colectivo dos mozos comunistas; Partido Humanista; PCPG; Plataforma Alternativa – Lugo; Plataforma de Lugo; Socialismo Libertario; Solidariedade Internacional de Galicia; Viraventos.



VENRES 9 DE XANEIRO

FERROL
Hora: 20.00 horas
Lugar: diante do Edificio da Xunta de Galicia - Praza Amada García -

SÁBADO 10 DE XANEIRO

PONTEVEDRA
Hora: 20.00 horas
Lugar: Praza da Ferrería

VIGO
Hora: 18.00 horas
Lugar: manifestación dende o cruce da Vía Norte con Urzáiz que rematará na Porta do Sol

COMPOSTELA
Hora: 20.30 horas
Lugar: manifestación dende a Praza do Toural até a Praza do Obradoiro

A CORUÑA
Hora: 20.30
Lugar: no Obelisco
...

Da Ponte, 09.01.2009 (Id: 12833)


A CNT participa:

 http://www.cntgaliza.org/?q=palestina

Pontevedra

Sábado 10 de xaneiro, 20:00h Praza da Peregrina

A CNT convoca, xunto a organizacións sindicais, políticas e sociais de Pontevedra, unha manifestación en repulsa ao xenocidio que o estado de Israel está a perpetrar na actualidade, e contra o sistema de campo de esterminio que se está a levar a cabo en Gaza; unha situación que leva 60 anos pesando sobre as cabezas de toda a humanidade.

PAREMOS O XENOCIDIO!!

SOLIDARIEDADE CON PALESTINA!!

A manifestación percorrerá: Praza da Peregrina, Daniel de la Sota, Castelao, Sagasta, Benito Corbal, Michelena, Gutierrez Mellado, Riestra, Alameda, Subdelegación do Goberno.

Organizacións convocantes: CNT, CCOO, UGT, CIG, CGT, Amarante, Asociación Marroquí de Pontevedra, Asociación Multicultural Sinfronteras, Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Briga, Federación de Veciños Teucro, Redes Escarlata, Verbo Xido.

Compostela





bilhardeiro, 09.01.2009 (Id: 12835)

Podedes adiala manifestaçom de Vigo ja que coincide co aberto de bilharda da LNB que tem previsto rematar as 19:00. Organizao o C.S. Faísca e moita xente as 6 da tarde nom poderá acudir.

 http://ovaral.blogspot.com/




Xan Guindán, 09.01.2009 (Id: 12837)

Bilhardeiro, do de adiar a manifestación de Vigo non che podo dicir nada. Eu non son de Galiza por Palestina, tan só copiei a convocatoria para que chegue ao maior número posíbel de persoas.



qualquer, 09.01.2009 (Id: 12838)

A coisa mais triste, patética e repugnante que ouví em anos é que se adie uma manife nacional contra a massacre que por 60 anos leva a padecer um povo, porque a alguem lhe apatece mais dar-lhe golpes a um pao.




breogan power retrankeiro, 09.01.2009 (Id: 12839)

jobar... pois eu teño campionato de mus no bar manolin as 7.30, é a semifinal do barrio... casi que mellor non facer a mani,

viva o deporte popular!




.................., 09.01.2009 (Id: 12840)

Comparto a opinion con o conpanheiro do anterior artigo.........o k mais me fode e que a xente da L.N.B,xente vinculada o independentismo galego...se lle deran um pouco a cabeza so por solidariedade deverian de suspender o aberto de bilharda e aplazalo,ainda por riba se di se se pode adiala a manifestaçom,sem ofender a ninguem pero O PRIMEIRO E O PRIMEIRO...




bilhardeiro, 09.01.2009 (Id: 12841)

A ver, se nos outros puntos do país son as manifestaçoms as 20:30, que problema pode haber por adiala mani para que acuda mais xente.
O torneio da LNB organizao o CS Faísca e acuden a xogar entre outros xente do CS Revolta, da Baiuca Vermelha, da AC Almuinha, etc. Assim que moita xente que iría a mani seguro nom poderá acudir. E de suspender o torneio dizer que ja estaba previsto a hora e a data dende novembro. Por tanto a xente que fai as convocatorias pregaselhe que tenha em conta as cousas que ja ha programadas para ter um maior éxito.

Por outra banda a LNB apoia a Palestina como podedes ver na súa web.




outro bilhardeiro, 09.01.2009 (Id: 12842)

Si seria repugnante senom fora xq pra empezar nom é umha mani nacional senom local em Vigo, segundo que gente de vigo se quixera saber um pouco saberia que isso o aberto de Vigo (puntuavel pra Liga nacional) rematava as 7 e estranamente a mani de Vigo é as 6 se fora em qualquer outro lado do Pais poderia irmos todos os que participamos deste desporto, pero entranamente em Vigo se fai mais cedo e fazendo coincidir com outro acto, assim nos vai com cousas como a de convocar historias sem contar coa gente ...

Vos mesmos "revolucionários"




qualquer, 09.01.2009 (Id: 12845)

Que se adiem às das 20:00 e 20:30, que coincidem com as partidas de futebol no tv, e @s revolucionári@s de bar e bola queremos manifestar-nos. Ademias, os xogadores de futebol masculino apoiam Palestina, como se viu na quarta na partida do Depor e o Sevilha.

Vós mesm@s.



.

., 09.01.2009 (Id: 12847)

Xa se ve cales son as prioridades dos centros "sociais" do esencialismo patriótico. Se se muda a hora por esta trapallada será UNHA VERGOÑA.
Adiante Palestina!!




nom vos ponhades assim., 09.01.2009 (Id: 12848)

Segundo a minha opiniom, nom se trata de resaltar (cousa evidente) que a massacre de Palestina é mais importante que um partido de bilharda. Trata-se, simplesmente de que varias pessoas de Vigo nom vam a acudir a concentraçom (a esta em concreto) por que têm esta outra actividade, mentras gente doutras localidades do sul que estaram no aberto ainda lhes vai dar tempo a viajar até a sua vila para estar nas respectivas concentraçons, é simplesmente (ao meu entender) umha petiçom/conselho, pois a nom ser que houve-se gente que as 20:00h nom pude-se ir, seria melhor modifica-la, Mas também é certo (nom sei a propaganda que há repartida)que já é um bocado tarde pra modificações. Por outra parte, se na minha vila fosse as 6 eu tampouco poderia ir, ainda que nom somos muitos, alguns o sábado trabalhamos.

Toda a minha carraxe pra os que umha e mais umha vez aproveitam qualquer parvada pra botar merda nos comentarios deste indy ( vai polo último que se mete com os centros sociais -ou com os "esencialistas patrioticos"??-)




qualquer, 09.01.2009 (Id: 12849)

Triste, patêtico e repugnante que alguem nao possa renunciar a uma partida de bilharda ante esta questão.

Vergonhento e clarificador.