Crónicas das Xornadas Anticonsumistas en Vigo
Precarias en Loita
,
13.01.2009, (Id: 18202)
Crónica das Xornadas Anticonsumistas coorganizadas en Vigo por A Formiga, Asamblea de Mulheres, Foro da Mocidade, Precarias en Loita, Semsumistas, VigoTroca (Amarante, Caleidoskopio, Centro Social do Calvario, Verdegaia) e Xogo Descuberto.
Boleto repartido na cabalgata
Organizadas por A Formiga, Asamblea de Mulheres, Foro da Mocidade, Precarias en Loita, Semsumistas, VigoTroca (Amarante, Caleidoskopio, Centro Social do Calvario, Verdegaia) e Xogo Descuberto. As Xornadas Anticonsumistas deron comezo o sabado 27 de Xaneiro cunha serie de actividades arredor do barrio do Calvario de Vigo.
Preto das 11 da maña, tanto o mercadiño de troco como os talleres de xogetes reciclados comezaron a sua andaina. O VigoTroca, que nesta edición deulle especial protagonismo as nenas e ao troco de xoguetes, como ven sendo habitual no barrio contou cunha boa participación das veciñas durante todo o tempo que durou o acto.
Ao caron do mercadiño, levouse a cabo o taller de reciclaxe, no que participaron unhas dez persoas ademáis do alto numero de rapaciñas que se foron sumando para facer os seus propios xoguetes, dende dragones ata lapiceiros. Os nenos debiron quedar contentos xa que ate unha nai convidounos a un roscon a cambio do xoguete do seu fillo.
Tanto os talleres como o mercadiño tiveron que rematar preto das 13 horas debido a chuvia.
Ás 16 horas comezou a acción contra-publicitaria. Dous grupos, dunhas cinco persoas cada un, foron facendo graffitis polas ruas do centro da cidade. Os modelos de plantillas facían alusión a falacia do nadal – O papa con metralleta – e a cantidade abusiva de agasallos culturais ou informáticos que se fan nestas datas – Símbolo do Copyleft, reclamando unha cultura e software libres - .
Ao final, as accións previstas pola tarde, o mercadiño de troco na praza da princesa ou a performance anticonsumista na rua do principe, tiveron que ser suspendidas debido o mal tempo e a chuvia.
As Xornadas continuaban, e remataban, o día 5 de enero cunha incursión na cabalgata dos reis magos que cada ano celebran banqueiros, políticos, policias e demáis sectores da sociedade e da clase dirixente da nosa cidade. Aoredor das 19 horas un grupo dunhas dez persoas, ataviados con dous monecos-esqueletos xigantes que representaban ao empresariado e cargados con globos-crise, introducimonos na cabeza da cabalgata (Entre as carrozas e as motos e autocarros da policia) repartindo o panfleto común das xornadas e boletos de loteria falsos, nos que o Capital invitaba a xogar por unha hipoteca, un paro prolongado non retribuido ou mesmo un embargo. Mentres o empresariado asustaba aos nenos e pais, a xente demandaba cada vez máis e máis boletos, polo que tras agotar os centos que tiñamos deuse por rematada a acción.
Panfleto común repartido durante as xornadas:
¿CAL É A CRISE?
¿Que agocha a crise que se atopa en todas as bocas?. Baixo unha crise da economía financieira-especulativa que nacionaliza a déveda dos poderes bancarios e inmobiliarios, ocúltan-se outras dúas crises que se vencellan entre si: a do modelo de producciónconsumo, e a enerxética-materias primas.
A economía imposta amosa as súas contradiccións: as persoas viven hipotecadas, o sistema hipotecario xenera burbullas que estoupan, as burbullas nacionalízan-se cargando o fracaso dos buitres a todas nós e tentando protexer á demanda convenientemente alienada a través da publicidade, o ritmo de producción esquilma con un ritmo depredador os recursos naturais (materiais, enerxía), arrasando o planeta...Esta crise desvela moito máis que unha coiuntura, amosa as fendas dun sistema programado para xenerar máis e máis cartos que se acumulan nas mans de moi poucas, ampliando expoñencialmente as marxes, agredindo ao territorio incontiblemente.
¿Que sucede entón se nos rebelamos? ¿Se deixamos de acudir en tropel aos centros comeciais, catedrais do capitalismo ? ¿E se reducimos o consumo, se reutilizamos os productos, se artellamos sistemas de troco e bancos de servizos, se potenciamos as redes comunitarias, examinamos o noso sistema de necesidades e a estructura precisa para cubri-las?. Rebelándo-nos como persoas, preservando o planeta das ansias de devastación antropocéntricas. ¿Que sucede se enchemos con potencia de vida as rúas, e de creatividade social e económica a nosa cotidianidade?.
Facéndo-nos preguntas e experimentando camiñamos. ¿Anímas-te? ;-) O noso camiño percorre illas de economía alternativa interconectadas en rede. Os neóns publicitarios e a súa presunta Ítaca (delimitada polo Fondo Monetario Internacional, polo Banco Mundial, pola OMC) poden esvaecer-se ante a cartografía da rebeldía que construamos. No taboleiro do noso xogo nós marcamos as regras.
Precarias,
13.01.2009 (Id: 12864)
Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxes