galiza.indymedia.org
8 de Marzo: Día Internacional das Mulleres
Marcha Mundial das Mulleres , 06.03.2009, (Id: 18879)
Domingo 8 de marzo
Día Internacional das Mulleres

"AS MULLERES TRABALLAMOS, AS MULLERES CONTAMOS"

NON SOLUCIONAREDES A CRISE A COSTA DE NOSOS DEREITOS
Este 8 de Marzo no Día Internacional da Loita Feminista, a Marcha Mundial das Mulleres mobiliza-se na Galiza

ACTOS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Un ano máis a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza mobilizarase este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, para reivindicar e esixir cambios que melloren as nosas condicións de vida e conquisten e consoliden dereitos que nos son negados.

Este ano, ás mobilizacións convocadas en todo o país polas diferentes coordenadoras da Marcha, farán referencia a como nos afecta ás mulleres esta crise de dimensións múltiples: de traballo, de acceso aos alimentos, enerxética, medioambiental e financeira, consecuencia do sistema capitalista e do neoliberalismo, da avaricia sen límites, da falta de transparencia e de control social que configuran a realidade fianaceira mundial.

Queremos convocar a toda a cidadanía a unirse as nosas loitas e reivindicacións, neste momento máis ca nunca, no que nos atopamos na Galiza ante a toma do poder dun partido político que non considera os dereitos das mulleres, os servizos públicos e as políticas sociais como unha prioridade nas súas actuacións.


ACTOS POR COMARCAS

PONTEVEDRA
Sábado 7 de marzo
18 h: Obradoiro na Praza 8 de Marzo.
20 h: Concentración na Praza 8 de Marzo coa actuación das gaiteiras e pandereteiras da Escola de Música Tradicional de Poio.
22 h: Cea de Mulleres no Pazo da Cultura.
00 h: Festa mixta no Pazo da Cultura.

FERROL
Domingo 8 de marzo
12.30 h: Manifestación con saída da Praza Amada García (Edificio Xunta de Galicia) e chegada ao Cantón de Molíns.

A CORUÑA
Sábado 7 de marzo
18.30 h: Videoforum sobre as mulleres ante a crise na Casa Casares Quiroga.
Domingo 8 de marzo
12.30 h: Concentración no Obelisco

VIGO
Xoves 5 de marzo
A partir das 19 h: Campaña de sensibilización e reparto de material na Rúa Principe.
Domingo 8 de marzo
12 h: Manifestación con saída da Praza 8 de Marzo.

OURENSE
Sábado 7 de marzo
19 h: Acto das mulleres e posterior percorrido polo paseo na Praza Concepción Arenal (Xulgado).
20.30 h: Festa na tetería Grandola (Pza de San Marcial) con teatro, danza e música tradicional galego.

COMPOSTELA
Domingo 8 de marzo
12 h: Manifestación con saída da Praza do Toural e chegada á Praza 8 de Marzo.
14 h: Festa-xantar na Gentalha do Pichel.

COSTA DA MORTE
Venres 6 de marzo
19 h: Obradoiro de sexualidade feminina no Salón de Plenos do Concello de Cee.
Domingo 8 de marzo
19.30 h: Recital de poesía e actuación das pandereteiras Millo Verde na Praza 8 de Marzo.
20 h: Concentración na Praza 8 de Marzo.

Marcha Mundial das Mulleres