Alerta!! Aturuxo foi atacado
...
,
24.04.2009, (Id: 19459)
STOP FASCISMO!!
Hoxe a manha un socio de aturuxo, cando pasaba por diante do local, veu que nos voltaron a rebentar unha das vidreiras do local, esto non 'e unha acto aislado, nen casual. Os ultimos dias xa vinhamos sabendo de comentarios violentos e de claramente fascistas cara o noso local e o que aturuxo representa. Comentarios do tipo de: "tinhas que entrar asi en aturuxo e pegar catro tiros" ou "temos que queimar aturuxo, viva franco arriba espanha" estes son so dous dos moitos que temos detectado ultimamente. Xunto estes comentarios tamen se poden encontrar comentarios abertamente racistas, rindose da masacre sobre o pobo palestino e tamen comentarios contra as mulleres.
Estas actitudes non deben ter sitio na nosa sociadede, temos que plantar cara firmemente aos ataques fascistas, estes individuos levados por un fondo sentimento de autoodio e esquizofrenia atacan a todos que defendemos a lingua, a cultura e un futuro digno e prospero para o noso Pais. Contra as actitudes xenofobas, antigalegas, temos que dar unha resposta clara: non nos intimidan, e o unico que logran e reforzar os nosos argumentos, o noso compromiso colectivo. Debemos denunciar publicamente o ocorrido, pondolle nome e apelidos a estes malditos. Debemos convocar 'a solidariedade de tod@s para loitar contra esta lacra.
Foron escoller a semana na que se celebramos varias datas importantes, nas que diferentes pobos venceron ao fascismo. Refirome primeiramente ao pobo portugues que derrotou a dictarura no 25 de abril de 1974 e tamen ao pobo italiano que no 25 de Abril de 1945 liberabase do goberno fascista de Musolini. Seguramente estes (pequeno-fascistas, criados no analfabetismo e na incomprension do propio e do diferente) non saiban destes dous acontecementos historicos, pero non deixa de ser triste que na semana que uns celebramos a liberdade do pobo portugues e recordamos a revolta italiana de 1945, uns malditos queiran silenciarnos violentamente.
Para rematar pido a todas e a todos, os que non sentimos agradidos e insultados (sexades ou non soci@s de aturuxo), asistades manha (sabado 25) a asemblea de aturuxo que tera lugar no noso local (r/ Principal 118 Boiro) as 16.00 para dar o voso apoio a aturuxo e a xente que ali colectivamente traballamos. Onde poderedes ver os estragos no local, e analizaremos as accions a desenvolver para dar resposta a este ataque (denuncia publica, concentracion, etc)
Nos traballamos levados por grandes sentimentos de amor e non imos deternos por que catro (ou os que sexan) facendo bandeira do odio antigalego nos tenten silenciar.
Viva Aturuxo e o conxunto de centros sociais galegos!
Viva unha Galiza digna, orgullosa da sua cultura e dona do seu futuro.