Marcha Mundial das Mulheres,
29.05.2009 (Id: 14186)
A Marcha Mundial das Mulleres considera à activista Laura Bugalho umha represaliada de conciencia.
O pasado martes era detida, tras irrumpir no seu lugar de trabalho e na súa casa, a activista feminista, sindicalista e defensora dos dereitos das persoas transexuais, Laura Bugallo. Era acusada supostamente, de falsedade documental, en relación á actividade que desenvolve dentro da Confederación Intersindical Galega, en defensa dos dereitos das persoas imigrantes.
Nom é a primeira vez que activistas con vinculación coa imigración, teñen represalias xudiciais ou policiais, favorecidas por unha lei que trata como delincuentes a quen exerce un dereito humano fundamental como é a libre circulación das persoas. Esta lei que trata a imigración como delito, o mesmo traba en sindicatos, asociacións de imigrantes ou ONG, facendo dunha actividade de solidariedade humana fundamental, unha actividade de alto risco que pode acarrear multas, detencións e mesmo cárcere.
A Marcha Mundial das Mulleres considera que Laura Bugallo, independentemente das acusacións xudicias, e dos feitos que se lle puideran imputar en relación coa sua actividade na CIG-Imigración, é unha represaliada de conciencia, pois ela, como o resto de feministas que apoiamos e participamos nesta rede internacional consideramos que:
"Todos os seres humanos, independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, deben ser considerados como cidadáns e cidadás de pleno dereito, gozando de dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civis, culturais, sexuais, reprodutivos, ambientais) de unha maneira igualitaria e equitativa realmente democrática."
Desta maneira está recollido no documento "Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade" aprobado en Ruanda por mulleres representantes de 150 países e inspirador da loita contra a violencia e a pobreza que se desenvolve en todo o planeta. Este parágrafo inspirado no valor da Xustiza, guia a actividade da compañeira Laura e de miles de activistas polos Dereitos Humanos, tamén das persoas imigrantes, en todo mundo.
É por isto que consideraremos proprio dun réxime autoritario e incumplidor da Declaración dos Dereitos Humanos, calquera sanción que se impoña á activista Laura Bugallo, recibindo a nosa máis enerxica condena, que trasladaremos ao ámbito internacional, alentando á sociedade galega a oporse xunto con nós a estas políticas que alentan o aumento da xenofobia en Europa.
maribolheras,
29.05.2009 (Id: 14195)
concetraçom apoio a Laura Bugallo na corunha
cambio de hora: as 20.30, na delegaçom do governo este domingo apoia a Lauta Bugallo!!
(em um principio era as 12:30 am e coincidía coa hora da mani nacional da rede GNSV em Vigo)
chamamento a concentraçons simultâneas na Galiza em solidariedade com Laura Bugalho
Enviade-nos a vossa convocatória:
maribolheras@hotmail.com
Em Zaragoza tamém hai umha concetraçom em apoio a Laura este domingo!!!
CándidaMthala,
30.05.2009 (Id: 14199)
Parabéns polo posicionamento da Marcha mundial de mulheres a respeito de Laura. Nom era sem tempo. Parabéns polo posicionamento da CIGA. Non era sem tempo. Parabéns pola informaciom en Vieiros. Non era sem tempo... Porque despois da charla en Couceiro talvez nom sabian onde estabamos todas? Moi mal rula a informaçom nos tempos da tecnoloxia dixital...