galiza.indymedia.org
Galegófobo coruñés recibe 10.000 euros por promocionar o galego
ghodechinchos , 02.07.2009, (Id: 20331)
O DOG do 8 de xuño, publica a listaxe de entidades sen fin de lucro que recibirán subvención da nova Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe o Sr. Anxo Lorenzo. Até aí todo pode parecer normal. Cando un repara nas entidades que van recibir cartos públicos, teoricamente para “incrementar os usos da lingua galega nas areas de transmisión familiar e da mocidade”, atopamos cousas sorprendentes.
O DOG do 8 de xuño, publica a listaxe de entidades sen fin de lucro que recibirán subvención da nova Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe o Sr. Anxo Lorenzo. Até aí todo pode parecer normal. Cando un repara nas entidades que van recibir cartos públicos, teoricamente para “incrementar os usos da lingua galega nas areas de transmisión familiar e da mocidade”, atopamos cousas sorprendentes.

Calquera coruñés que lea a prensa local coñecerá ao Sr. Gerardo Crespo. Presidente da AA.VV. El Ensanche y Alrededores, destácasa polas suas críticas ao Concello da Coruña, por facer caso da Comisión de Toponimia de Galicia que di que o nome da cidade heculina é A Coruña. Tamén protestou cando o Concello decidiu levar ao Pleno os nomes de algunhas rúas da cidade como a Avd de Arteixo, pois o Sr. Crespo defendía que debía de manter “el nombre de siempre, que no es otro que Arteijo”.

Pois este defensor da lingua galega recibirá do departamento do Sr Anxo Lorenzo case 10.000 €. Estes cartos están repartidos nas diferentes entidades que o Sr. Crespo dirixe, que pasamos a enumerar:

AA.VV El Ensanche y Alrededores: 2.448€ para un Club de Lectura e un Blog de promoción do galego.

Asociación galega para a Formación de Mujeres (Agafom): 2.821€ para un libro de contos, cd e guía de promoción do galego e publicidade.

Asociación Empresarios Discapacitados de Galicia: 2235 € para un concurso de composición musical.

Fundación desarrollo Empleabilidad y Formación (fundefo): 2.235€ para un concurso de monólogos de humor.

En total, 9.739 € para todo tipo de actividades de promoción do galego. Estamos encantados que o Sr. Gerardo Crespo se una a defensa do idioma galego e esperamos con moita atención poder participar no concurso de composición, no club de lectura así como poder coñecer os contos, cds, guías e blog que seica vai realizar cos cartos de todos os galegos e galegas. De non ser así, polo menos esperemos poder rir por non chorar co seu concurso de monólogos de humor. Chama un pouco a atención que entidades da nosa cidade moi relacionadas coa cultura galega como Xacarandaina, Amigos dos Museos, O Facho ou Donaire teñan recibido 0 €. Debe ser polo descoñecemento que teñen en promocionar todos os días do ano a lingua galega.

Bea, 04.07.2009 (Id: 14531)

Para os que non sexades da coruña, aquí tendes dous post do blog que agora lle paga política lingüística por el:

 http://avelensanche.blogspot.com/2009/0 ... do_06.html

 http://avelensanche.blogspot.com/2009/0 ... anche.html


Caixa dos correios:: bea.souto.souto@gmail.com