AQUÍ NON SOBRA NINGUÉN!!! 18 Outubro, A Coruña
SomosMigrantes
,
06.10.2009, (Id: 21139)
Domingo 18 de outubro
A Coruña, Praza das Conchiñas (Agra do Orzán) 17:00 h.
Manifestación de rexeitamento á reforma da Lei de Extranxeiría e polos dereitos das persoas migrantes.
Difunde e acude !!
Aquí nom sobra ninguém!!!
Une-te à mobilizaçom de 18 de Outubro
Saimos da praça das Conchinhas às 17:00 h
Vídeo convocando á mani:
http://www.dailymotion.com/video/xaphy0_aqui-nom-sobra-ninguem_news
A assembleia aberta polos direitos das pessoas migrantes convida a te mobilizares contra a reforma da lei de estranjaria que promove el governo do estado. Esta lei aprofunda nas medidas repressivas contra as pessoas migrantes, endurece as condiçons para conseguir a permissom de residência, também complica o recenseiamento, dificultando o accesso a direitos básicos como a saude ou a educaçom. Aliás esta reforma de la lei de estranjaria alimenta discursos xenófobos e racistas, aproveitando o rio revolto da crise económica.
Em geral, som medidas que criminalizam as pessoas migrantes e dificulta-lhes o accesso a direitos fundamentais .
Negamo-nos a aceitar esta visom criminalizadora na que tanto insiste este anteprojecto do governo central, sobre umha realidade, a da imigraçom, tam profundamente possitiva para o conjunto da populaçom galega e espanhola
Perseguir e expulsar nom é a soluçom!!!
Aquí nom sobra ninguém!!!
SomosMigrantes,
15.10.2009 (Id: 15341)
A Coruña - Domingo 18
17:00 h. Desde a Pza das Conchiñas ate a Subdelegación do Goberno
AQUÍ NON SOBRA NINGUÉN
Nos últimos tempos ollamos como a situación das persoas migrantes, e especialmente as que non teñen permiso legal de residencia, as chamadas "sen papeis", sofren diariamente as consecuencias dun Sistema que as obriga a vivir á marxe, e que descarga contra elas a súa represión. Principalmente contra as que se adican á venta dos Top-manta, sendo obxectivo de identificacións, redadas e persecucións policiais, fronteiras internas: controis en rúa e estacións de buses e trens, racismo... Isto acontece na nosa cidade de maneira cotiá, case sen decatarnos. Pero isto non é consecuencia só da situación administativa da persoa pois, as persoas migrantes en situación regular tamén se sofren os abusos do capital: explotación laboral, creación de nichos laborais, asignacións de sectores desprotexidos e precarios, impedimentos para acceder a vivenda, discriminación institucionalizada e encuberta, estigmatización…
Somos iguais. Independentemente da nosa etnia, raza ou procedencia xeográfica. Sen embargo, o anteproxecto de reforma da existente Lei de Estranxeiría non dí o mesmo. Afonda na institucionalización da desigualdade. Algo que ven de lonxe, tanto no tempo coma no espacio. Unha institucionalización comezada polo potente occidente que se fíxo así pola colonización, dominación e expoliación dos países que agora chaman “en vías de desenvolvemento”; desenvolvemento que foi privado, para desenvolver así o propio occidente. As persoas que viven neses países castigados polo réxime neoliberal son as mesmas que saen deles para buscar unha alternativa á vida que lles foi obrigada a vivir. Esta opción, non é sinxela, tendo en conta que o opresor occidente non deixa que ninguén entre pola porta da súa fortaleza político-económica. Unha fortaleza que cada vez se esta a cementar con inxustiza, deshumanización, etnocentrismo e violacións continuas dos dereitos humanos.
Actualmente o Goberno leva de novo ao Parlamento outra reforma da Lei de Estranxeiría en España. Esta reforma fíxose necesaria pola sentenza do Tribunal Constitucional que declarou como inconstitucionais varios artigos da vixente Lei aprobada no 2003. A sentenza recalcou que os dereitos fundamentais non se poden negar por unha simple irregularidade administrativa como carecer de permiso de residencia.
A actual proposta do Goberno posúe elementos de avance, pero por outra banda segue restrinxindo. Por iso non podemos distraernos do enfoque duro e conservador do proxecto de lei. A destacar que:
1. As mulleres en situación irregular que sexan vítimas de violencia de xénero poderán ser obxecto dun expediente de expulsión, o que provoca o medo a denunciar e prima a situación irregular da muller á protección dos Dereitos Humanos.
2. Dificúltase o dereito á vida en familia, limitando a reagrupación da familia ascendente que alcance a idade de xubilación, o que remarca o interese do goberno do Estado por un perfil de inmigrante nova que traballe duro e consuma poucos recursos sociais. A persoa inmigrante como man de obra barata e que non dea problemas.
3. Os aspectos relacionados coa educación, sanidade, e o acceso á xustiza gratuíta, ao impedir o empadroamento das persoas en situación administrativa irregular.
4. Pese a que unha infracción administrativa non é un delito, as persoas en situación irregular poden ser recluidas nos CIE´S (Centros de Internamento para Extranxeiros) endurecéndose as condicións de estancia. Pasando de 40 a 60 días o tempo que poden permanecer retidas. Período este que, ata nalgúns casos, podería ser ilimitado. Isto posiciona ao español entre os estados máis duros na aplicación da “Directiva Europea da Vergoña”. Tendo en conta que o réxime dos CIE´s non está regulado, as “irregularidades” son contínuas: insultos, alimentación en mal estado, non se garanten condicións de hixiene nin atención médica.
5. Igualmente, as persoas demandantes de asilo e refuxiadas que en tanto ven recoñecido o seu estatus polo estado español, sofren a mesma vulneración de dereitos que as persoas indocumentadas. Remarcándose así o recorte de dereitos das demandantes de asilo e refuxiados xa consolidado na nova Lei de Asilo.
6. Legalízanse as deportacións de menores, o que prioriza o freo da inmigración infantil sobre a protección da infancia.
Consideramos que a reforma representa unha nova volta de torca na condena á clandestinidade das persoas en situación administrativa irregular. Persoas que permanecen nesta condición pola propia exclusión á que lles condena o sistema. Nestes tempos de crise do sistema capitalista non deben enganarnos con ese discurso trampulleiro, que culpabiliza ao traballador “de fóra” da falta de postos de traballo ou de chuchar recursos públicos que corresponden à poboación autóctona. Uns e outros somos víctimas dunha crise que o sistema se provocou a si propio.
Por isto que, colectivos e persoas solidarias, percibindo que este é un sentir xeralizado, e proseguindo coas mobilizacións recentes levadas a cabo na nosa cidade e noutras reclamamos ao Goberno que retire o proxecto do Parlamento.
PORQUE... AQUÍ NON SOBRA NINGUÉN !!