CIG-Metal cualifica de "farsa" o referendo para avalar o preacordo do convenio do Metal organizado por CCOO e UGT.
"É un proceso sen garantias, só para xustificarse", polo que a central sindical nacionalista chama a non participar neste proceso
Ao longo da última semana de outubro CCOO e UGT anunciaron que van realizar referendos en máis de 700 empresas do metal da provincia de Pontevedra para preguntar sobre o preacordo que xa asinaron coas asociacións empresariais do Metal na semana pasada. A CIG-Metal xa anunciara que non ía asinar este preacordo, xa que é insuficiente e é a mesma proposta que xa fora presentada no mes de xuño, rexeitada polas asembleas de traballadores en folga. Diante da convocatoria destes referendos a CIG chama a non participar deste proceso, xa que "é unha votación para xustificar o seu preacordo e lexitimar unha sinatura dun convenio, que queda moi lonxe das demandas do sector e polas que se loitou moi duramente este ano".
20091019metalXXX
"Non vamos participar neste referendo, porque esta votación se realiza para xustificar o seu preacordo (de CCOO e UGT e as asociacións empresariais do Metal de Pontevedra), e darlle lexitimidade a un texto que fica lonxe das demandas dos traballadores e das traballadoras do sector, que tanto pelexaron por este convenio", subliña Miguel Malvido, secretario nacional da CIG Metal, diante das preguntas sobre a postura da CIG diante do anunciado referendo en máis de 700 empresas do Metal da provincia de Pontevedra organizado por CCOO e UGT.
Sen garantías democráticas
Malvido considera que neste proceso de consulta "non hai ningún tipo de garantías democráticas sobre o seu desenvolvemento nin sobre o seu resultado, e é só unha operación de CCOO e UGT para buscar apoiarse nalgo para asinar este convenio deste xeito".
Ademais neste preacordo, e por primeira vez desde que a CIG participa na negociación colectiva do Metal en Pontevedra, non aparece no texto que serán os traballadores e traballadoras quen vaian referendar a proposta.
Por todas estas razóns, o secretario nacional da CIG-Metal cualificou este proceso de "farsa".
"CCOO e UGT contan con todo tipo de facilidades"
Por último, Malvido salientou que no proceso de asembleas nos estaleiros para a folga do xulgamento dos 13 do Metal houbo problemas mesmo para facer asembleas e dar a coñecer a situación do convenio, mais "agora son todo facilidades para CCOO e UGT nos estaleiros para celebrar este proceso enganoso de referendo", polo que fixo un chamamento á reflexión sobre o diferente tratamento que receben unhas e outras centrais sindicais.
Mais información
http://www.galizacig.com/avantar/
t,
27.10.2009 (Id: 15447)
non din nada deste atropelo contra a clase traballadora?
Ao de arriba,
27.10.2009 (Id: 15448)
A CUT obviamente está en contra. Outra cousa é que non teña un millón de liberados como a CIG para estar continuamente pendurando comunicados nas webs.
un de tantos,
27.10.2009 (Id: 15450)
A CUT xa se ten pronunciado con claridade sobre este tema, e sobre as posturas mantidas polas outras organizacións sindicais, e imaxino que voltará a pronunciarse, aquí tes a ligazón á súa crónica dunha derrota anunciada:
http://www.cutgalicia.org/images/pdf/ESPECIAL_METAL.pdf
Amáis diso, podes consultar o seguimento da CUT no sector na seguinte ligazón:
http://www.cutgalicia.org/index.php?option=com_content&task=blogcategory&id=13&Itemid=64