galiza.indymedia.org
xornadas antikarcelarias no CS vagalume en Lugo
maria , 28.10.2009, (Id: 21414)
Comezan as primeiras xornadas anticarcelarias no vagalume.

-

Esta primeira xornada anticarcelaria consistirá nunha serie de charlas-coloquio sobre o tema das cadeas, a situación dos presxs, a marxinación e o caso específico dalgúns colectivos minoritarios na mesma. Ademáis tamén trataremos o tema dos montaxes policiais contado pola anarquista Nuria Pórtulas, víctima dos mesmos. Esperamos que estas xornadas sirvan como exemplo do que é capaz de facer este mecanismo represivo, que criminaliza a diferenza e a miseria e pro dunha paz ficticia que permite continuar con este sistema de producción e consumo, que exclaviza e banaliza a vida humana e animal.

Ademáis poñeremos en práctica unha serie de dinámicas de grupo para debatir sobre estas temáticas e que a xente participe. O longo das Xornadas tamén se distribuirá material anticarcelario.

Finalmente, e para erguelo ánimo, remataremo-las xornadas co concerto de BITXO BOLA.

Interesadx, 04.11.2009 (Id: 15504)

Cando van ser?