galiza.indymedia.org
[CAUSA GALIZA] Programación de actos pola AUTODETERMINACIÓN para o 6 de Decembro
Causa Galiza , 19.11.2009, (Id: 21582)
Causa Galiza reactiva a reivindicaçom da autodeterminaçom na proximidade do 31º aniversário da nom-aprovaçom da Constituiçom espanhola no nosso país


CAUSA GALIZA REACTIVA A REIVINDICACIÓN DA AUTODETERMINAÇOM NA PROXIMIDADE DO 31º ANIVERSÁRIO DA NOM-APROVAÇOM DA CONSTITUIÇOM ESPANHOLA NO NOSSO PAÍS

As celebraçons oficiais do 31º aniversário da aprovaçom da Carta Magna espanhola contarám à sua frente, mais um ano, com o imprescindível contra-ponto do programa de actos convocado por Causa Galiza para 6 de Dezembro. Umha intensa campanha agitativa prévia nas comarcas, onde se celebrarám um total de 11 assembleias; a celebraçom dumha manifestaçom nacional para exigir o reconhecimento do direito de autodeterminaçom, um jantar popular e o programa de concertos configuram as actividades planificadas polo foro soberanista. Fontes da porta-vozia colectiva de Causa Galiza assegurárom que “a campanha de 6 de Dezembro é um ponto de saída para umha dinámica de trabalho permanente que visa socializar a necessidade urgente que temos da autodeterminaçom”.

Desde a semana passada o material editado para anunciar a mobilizaçom está a chegar às comarcas. Concretamente, à hora de publicarmos esta informaçom, temos conhecimento de que se celebrárom ou celebrarám assembleias abertas em Ourense, Lugo, Crunha, Barbança, Ponte Vedra, Ferrol, Compostela, Caldas-Taveirós, Condado, Límia e Vigo para dinamizar socialmente a iniciativa. Aliás, publicará-se diverso material destinado ao trabalho de difusom da proposta autodeterminista (manual de perguntas frequentes, polidíptico, livro, etc.) que se distribuirám durante os actos de 6 de Dezembro e, a posteriori, numha campanha prolongada em favor da autodeterminaçom do nosso País.

Manifestaçom nacional

A mobilizaçom convocada por Causa Galiza por terceiro ano consecutivo em 6 de Dezembro partirá às 12 da manhá da Alameda de Compostela. A legenda sob a que centos de galegas e galegos exigiremos o direito de autodeterminaçom para o País é Sobre nós decidirmos nós. Soberania é democracia. Causa Galiza cursou as preceptivas solicitudes e comunicaçons ante a Delegación del Gobierno de España e as autoridades municipais de Compostela para que a massa social independentista e soberanista poda exercer em liberdade e sem coacçons policiais o seu direito de reuniom e manifestaçom, umha vez que no passado, tanto em 6 de Dezembro como em 25 de Julho a mobilizaçom autodeterminista estivera submetida a umha intensa pressom das FSE.

A mobilizaçom de 6 de Dezembro rematará na Praça do Toral. Ali dará-se leitura ao manifesto Nem Autonomia, nem Constituiçom espanhola, nem Estatuto de Naçom: Galiza pola Autodeterminaçom. Aliás, a organizaçom do encerramento do acto anunciou que este se diferenciará dos remates tradicionais das manifestaçons, incluindo além das intervençons políticas habituais actuaçons musicais e poéticas.

Jantar popular

A seguir da manifestaçomestá programado um jantar popular baixo cuberto na Alameda de Compostela que se iniciará por volta das 15:00 h. Causa Galiza informa de que nas semanas prévias procederá-se à venda de bónus de 12€ nos centros sociais galegos para participar no jantar. A merca dos bónus convém faze-la antes de 6 de Dezembro para que a organizaçom prepare com tempo suficiente todos os aspectos relativos ao jantar popular. Além de através dos centros sociais, pode-se fazer a merca contactando com as pessoas, organizaçons e colectivos que participam em Causa Galiza.

O jantar popular estará amenizado pola actuaçom de Homes sem Medo e a continuaçom projectará-se um especial audiovisual do colectivo GZvídeos.

Concerto

A continuaçom, a partir as 19:30 h. celebrará-se um concerto no que intervirám os grupos

Míni e Mero

Homes sem Medo

Leo e Arremecaghona

Ultraqans

Banda Potenkim

Ataque Escampe

Por parte de Causa Galiza animamos todos os galegos e galegas consciente da situaçom actual do País a somar esforços, tanto na campanha informativa que se está a desenvolver nestes momentos como nos actos projectados para este 6 de Dezembro. Trabalhamos num presente de luita para construir um futuro nosso.

Avante Causa Galiza!

Avante a luita pola autodeterminaçom!

Viva Galiza ceive!


————————————————————————————————————————————————————————

CAUSA GALIZA REACTIVA A REIVINDICACIÓN DA AUTODETERMINACIÓN NA PROXIMIDADE DO 31º ANIVERSARIO DA NON-APROBACIÓN DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA NO NOSO PAÍS

As celebracións oficiais do 31º aniversario da aprobación da Carta Magna española contarán á súa frente, mais un ano, co imprescindível contraponto do programa de actos convocado por Causa Galiza para 6 de Decembro. Unha intensa campaña axitativa previa nas comarcas, onde se celebrarán un total de 11 asembleas; a celebración dunha manifestación nacional para esixir o recoñecemento do dereito de autodeterminación, un xantar popular e o programa de concertos configuran as actividades planificadas polo foro soberanista. Fontes da portavocía colectiva de Causa Galiza aseguraron que “a campaña de 6 de Decembro é un ponto de saída para unha dinámica de traballo permanente que visa socializar a necesidade urxente que temos da autodeterminación”.

Desde a semana pasada o material editado para anunciar a mobilización está a chegar ás comarcas. Concretamente, á hora de publicarmos esta información, temos coñecemento de que se celebraron ou celebrarán asembleas abertas en Ourense, Lugo, Cruña, Barbanza, Ponte Vedra, Ferrol, Compostela, Caldas-Taveirós, Condado, Límia e Vigo para dinamizar socialmente a iniciativa. Ademáis, publicarase diverso material destinado ao traballo de difusión da proposta autodeterminista (manual de preguntas frecuentes, polidíptico, libro, etc.) que se distribuirán durante os actos de 6 de Decembro e, a posteriori, nunha campaña prolongada en favor da autodeterminación do noso País.

Manifestación nacional

A mobilización convocada por Causa Galiza por terceiro ano consecutivo en 6 de Decembro partirá ás 12 da mañá da Alameda de Compostela. A lexenda baixo a que centos de galegas e galegos esixiremos o dereito de autodeterminación para o País é Sobre nós decidirmos nós. Soberania é democracia. Causa Galiza cursou as preceptivas solicitudes e comunicacións ante a Delegación del Gobierno de España e as autoridades municipais de Compostela para que a masa social independentista e soberanista poda exercer en liberdade e sen coaccións policiais o seu dereito de reunión e manifestación, unha vez que no pasado, tanto en 6 de Decembro como en 25 de Xullo, a mobilización autodeterminista estivera submetida a unha intensa presión das FSE.

A mobilización de 6 de Decembro rematará na Praza do Toral. Ali darase leitura ao manifesto Nen Autonomía, nen Constitución española, nen Estatuto de Nación: Galiza pola Autodeterminación. Ademáis, a organización do encerramento do acto anunciou que este se diferenciará dos remates tradicionais das manifestacións, incluindo alén das intervencións políticas habituais actuacións musicais e poéticas.

Xantar popular

A seguir da manifestación está programado un xantar popular baixo cuberto na Alameda de Compostela que se iniciará por volta das 15:00 h. Causa Galiza informa de que nas semanas prévias procederáse á venda de bonos de 12€ nos centros sociais galegos para participar no xantar. A merca dos bonos convén facela antes de 6 de Decembro para que a organización prepare con tempo suficiente todos os aspectos relativos ao xantar popular. Alén de através dos centros sociais, pódese facer a merca contactando coas persoas, organizacións e colectivos que participan en Causa Galiza.

O xantar popular estará amenizado pola actuación de Homes sen Medo e a continuación proxectaráse un especial audiovisual do colectivo GZvídeos.

Concerto

A continuación, a partir das 19:30 h. celebraráse un concerto no que intervirán os grupos

Míni e Mero

Homes sen Medo

Leo e Arremecaghona

Ultraqans

Banda Potenkim

Ataque Escampe

Por parte de Causa Galiza animamos todos os galegos e galegas consciente da situación actual do País a sumar esforzos, tanto na campaña informativa que se está a desenvolver nestes momentos como nos actos proxectados para este 6 de Decembro. Traballamos nun presente de loita para construir un futuro noso.

Avante Causa Galiza!

Avante a loita pola autodeterminación!

Viva Galiza ceibe!

independentista_Lourenzá, 19.11.2009 (Id: 15612)

Oxalá vaia desta e Causa Galiza se vaia convertindo na ferramenta que necesitamos para expandir a reivindicación da autodeterminación. Bo traballo compañeiras.os