A apertura da sede da SGAE na Galiza segue o seu caminho. A cerimonia de entrega dos premios da "noite dos autores" como passo previo a secretísima inauguraçom da sede compostelana da SGAE reuniu a instituiçons publicas e privadas ás 20.30 no hostal dos Reis Católicos de Compostela o pasado 18 de janeiro.
Sucessos da noite dos autores: Crónica fotográfica, Blog do Komando AntiSGAE, Reportaxe TVG, A nosa terra (crónica e vídeo).
Outras novas vencelhadas: lista de convidadas, primeiras novas sobre a concesión de espazo en Compostela, xuizo ao cineclube, a propiedade intelectual é un roubo (xornadas pola cultura livre), músicos en copyleft, compartir é bom.
Espazos de trabalho no pais sobre cultura livre: universidade popular, cineclube, radio kalimera, radio piratona, trebe-lab, olholivre, saramaganta, gzifoto.
Editoriais anteriores de interese:Manifesto Komando AntiSGAE, Hackmeeting 07.
Os tempos som chegados as nossas vaguedades cumprido fim terám
A defensa dos dereitos de autora implica en Compostela o gasto de 10 millóns en fondos públicos e a cesión por parte do concello e da USC da finca de Vista Alegre. Para tal obra que califican como nova "Casa da Cultura" empregaránse mil kilos de granito no que é calificado coma "zona privilexiada" do eixo norte cidade xunto cos futuros pisos de luxo, aos pés da casa do presidente, construído todo isto sobre as ruínas do edifício histórico do hospital, rodeado dunha zona verde completamente artificial.
Estamos a falar da sede da SGAE para o noroeste do Estado español, entidade privada que se lucra en nome da defensa dos dereitos das artistas.Esta "defensa" materizalizase a través de métodos de lobby e coa plena sumisión do governo, con exemplos como a aprobación da "lei de propiedade intelectual" (real decreto lexislativo 1/1996) que en ocasións é utilizada como excusa para expulsar a centos de persoas que teñen na venta de música na rúa o único xeito de supervivencia, igualmente para anular o chamado "dereito de liberdade de expresión" de dúcias de webs, radios e xornais libres creados por colectivos que pretendemos amosar a nosa perspectiva da realidade afastada da que amosa a dictadura dos mass-media.
Ademáis, nas súas actuacións vislúmbranse métodos empresarias como o canón imposto aos cd's virxes como a moitos outros soportes, da que sacan unha importante tallada e dificulta a actividade e difusión das obras dos propios artistas.
É por isto que nos rebelamos contra a especulación e as súas mil caras, contra a que destrúe as nosas cidades, a que expulsa a persoas do territorio que habitan, a que mercantiliza a nosa cultura e esmaga a nosa creatividade.
Contra esta situación creamos a alaternativa da autoorganización aberta e horizontal a través do Comando Anti-SGAE/ acción: cultura libre e a promoción da cultura libre e a libre difusión de saberes con todo tipo de rexistro libre.
O inicio: primeiras novas sobre a construçom da sé da SGAE >> Juiço contra o Cineclube: Cámara Oscura Películas leva a xuízo o Cineclube de Compostela Xornada pola cultura libre >> Contra el canon >> A rebelióm dos musicos >> Compartir é bom
Salvo excepçoes explícitas este site está licenciado sob a Licença Creative Commons.