Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)
Nunca Máis

com imagens
com áudio
com vídeo
Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
ADEGA pide maior atención política e social para o monte durante todo o ano
ADEGA , 26.08.2005 13:50, (Id: 4397)
O balanzo de destrución deixado polos incendios no que levamos de ano, especialmente en agosto, é un episodio máis dun desastre anunciado e repetido. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) demanda unha reacción política e social enérxicas para que Galiza deixe de ser o país dos 10.000 incendios anuais e o país da Unión Europea, xunto co norte de Portugal, con maior densidade de lumes forestais.

Incidencia dos lumes en Europa (1998-2002). Fonte: Axencia Europea do Ambiente
Incidencia dos lumes en Europa (1998-2002). Fonte: Axencia Europea do Ambiente

Para pór fin a este drama, a prevención dos lumes e o desenvolvemento rural sustentábel deben pasar a ser obxecto da máxima prioridade política e dunha permanente preocupación social.

ADEGA solidarízase con todas as persoas que sofreron danos por causa dos lumes e felicita aos traballadores e traballadoras das brigadas de loita contra os lumes pola súa intensa dedicación. Asemade, valora positivamente a transparencia da nova Consellería de Medio Rural canto á información sobre número de lumes e superficies afectadas, que contrasta co esforzo do anterior Goberno autonómico por ocultar e minimizar o grave problema dos incendios perante a opinión pública.

ADEGA quere que se multiplique o esforzo policial e xudicial na persecución dos incendiarios. En Galiza houbo até o 14 de agosto 7.912 lumes, mais no que levamos de ano só se detivo a 63 incendiarios. Sen embargo, para ADEGA ver só a dimensión delitiva do problema dos incendios non conduce á súa solución. ADEGA propón un amplo Pacto social contra os lumes e unha especie de “Plan Galicia” para os montes, mais non un insustentábel plan de asfalto e de formigón, senón un de promoción da xestión ecoloxicamente sustentábel e de creación de emprego. Non nos podemos permitir que a Xunta gaste en axudas para silvicultura e ordenación dos montes arborizados o que inviste nun quilómetro dunha estrada (1), ou de ter só un axente forestal por cada 5.400 hectáreas, dedicados todos agora á extinción de lumes, en detrimento da vixilancia dos espazos naturais, da caza e da pesca fluvial.

O novo Goberno bipartito ten que romper cunha política curtopracista que nos levou dos 36.342 incendios de toda a década dos 80, aos 93.800 da década dos 90 e aos 52.200 da primeira metade desta década(2). ADEGA agarda que, a partir do outono, se comece a aplicar o programa de Goberno asinado por PSdG-PSOE e BNG no que se refire ao “deseño dunha política integral de loita contra os incendios que abranga a ordenación forestal, o estudo da causalidade, medidas preventivas, de infraestruturas e de loita contra a degradación do solo”. Unha das primeiras medidas neste senso debería ser a reforma e convocatoria do Consello Forestal, o órgano de participación social na política forestal que até agora nunca se reuniu.

Para ADEGA, unha nova política, entre outras cousas, ten que priorizar os labores de prevención durante todo o ano e impulsar accións como a repoboación con especies autóctonas. Tamén é desexábel a profesionalización de traballadores/as adicados/as á loita e prevención dos incendios, con contratos indefinidos no canto de temporais. Sen esquecer a educación ambiental, a concienciación para unha maior colaboración cidadá na persecución dos incendiarios ou o fomento do voluntariado na vixilancia e recuperación dos montes.

Concentración en Celanova (Ourense)

ADEGA, xunto co Comité de Defensa do Monte Galego e asociacións culturais locais, convocou unha concentración para mañán sábado ás 12 h en Celanova baixo o lema “Ningún lume sen castigo. Os incendios son crimes contra a nosa terra”. Ourense volveu ser novamente a provincia galega máis prexudicada polos lumes

Notas

(1) A Consellería de Medio Ambiente concedeu no ano pasado axudas para o fomento da silvicultura e a ordenación de montes arborizados por valor de 5,3 millóns de euros. Este gasto equivale ao que, segundo o orzamento aprobado, custou construír pouco máis dun quilómetro da vía rápida do Morrazo, que sería innecesaria no marco dunha política de transporte sustentábel.

(2) No período 1998-2002 houbo unha media de 54,73 incendios por cada 100.000 hectáreas de superficie forestal, media 11 veces superior á media do resto das comunidades autónomas