O noso monte importa: lumes nunca máis. Manifestación sábado 1 de outubro en Ourense
o noso lume importa
,
20.09.2005, (Id: 4549)
Axuda a espallar a convocatoria da manifestación pola rede. Este blog irase actualizando coas novidades sobre a manifestación e con información sobre incendios e política forestal aportados polo Comité en Defensa do Monte Galego, así como as reseñas e novas relacionadas que aparezan nos medios de comunicación. Podes contactarnos no correo-e
lumenuncamais@gmail.com
Manifestación sábado 1 de outubro en Ourense
LUME NUNCA MÁIS: MANIFESTACIÓN NACIONAL
1 DE OUTUBRO EN OURENSE
O Comité en Defensa do Monte Galego convoca a todos os cidadáns e cidadás de Galiza á unha manifestación nacional que terá lugar o vindeiro sábado 1 de outubro na cidade de Ourense ás 20:00 h para reclamar unha nova política forestal de prevención e loita contra os incendios que están a arrasar o monte galego. A saída terá lugar dende o Pavillón dos Remedios para rematar na Praza Maior, onde se dará lectura ao manifesto elaborado polo escritor Xosé Carlos Caneiro.
Baixo o lema LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA, os diferentes colectivos que conforman este comité fai unha chamada ás institucións e á sociedade civil galega para que tomen conciencia das medidas urxentes que o comité reclama no documento de BASES EN DEFENSA DO MONTE GALEGO que adxuntamos.
Para presentar a convocatoria, as razóns e as propostas do Comité de Defensa do Monte Galego, así como os últimos informes sobre a catástrofe dos incendios no noso país, estarán presentes na rolda de prensa: Lito Prado, voceiro de ADEGA; Xosé Manuel González Gutiérrez, de Esquerda Unida; Xosé Santos, axente forestal e Henrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde e director do programa Senda Verde da TVG.
quique,
21.09.2005 (Id: 3698)
O 1 de outubro é sábado. Así que non inventemos tontas escusas pra non ir.
Todas a OU.