2ª Deriva contra a especulación e polos espazos liberados.
Asemblea das Invisíbeis da corunha
,
24.05.2007, (Id: 11105)
24000 pisos valeiros na cidade da corunha e ti con problemas de vivenda??
derivamos xuntas, recuperemos as ruas, recuperemos as casas, melloremos a nosa vida e pasemo-lo bomba namentres o facemos!
pasando de sofrimentos! reapropriemonos dos espazos namentres desfrutamos dunha boa festa !
O sábado 05 de maio, as invisíbeis voltamos a sair á rua para denunciar o crime urbanístico e social que se está a perpetrar na cidade de a corunha, máis concretamente no noso barrio de monte alto. Durante unha hora derivamos pola cidade informando e bailando, denunciando e desfrutando de (re)descubrir que as ruas, coma outros moitos espazos públicos, perténcennos, e podemos disponher delas cando queiramos. Co lema “PISOS DE LUXO GRATIS”, convidamos a quen se queira unir a un devir de experimentación e intervención sobre a nosa realidade aparentemente determinada co fin de alterala na procura de dignidade, felicidade e pracer para todas.
A vivenda, a comida, o conhecemento,… lonxe de ser productos de mercado, son necesidades básicas que deben ser cubertas para todas as persoas sen excepción independentemente de que posúan ou non cartos. SE VIVIR É UN LUXO, OKUPAR É UN DEREITO!!
olholivre,
24.05.2007 (Id: 7825)
maribolheras,
24.05.2007 (Id: 7827)
parabens polo video!!!
pepitilha,
24.05.2007 (Id: 7828)
parabens polos vídeos!!! o do 1 de maio, as derivas, realmente estimulante ver que na Galiza existem criaçom autónoma de material audio-visual de tanta qualidade
gz,
24.05.2007 (Id: 7836)
Un tio cunha camisola coa bandeira de Turquía! Joder, como andan os autónomos...
imperialista repressor,
25.05.2007 (Id: 7839)
sobre os pros e contras de indy.GZ:
pros: qualquer colectivo ou pessoa individual pode fazer públicas qualquera das súas actividades, acçons, posiçons, opinions, etc....
contras: qualquer garrulo sem a máis mínima cultura política nem capacidade de crítica cara essas acçons, colectivos ou pessoas límita-se a expressar o máximo que o seu coeficiente intelectual lhe permite, como é o caso do tal gz
pois isso...