Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
As Chozas, novo proxecto de ecoaldea. Actividades 2007
Birnarem , 25.06.2007, (Id: 11550)
As Chozas é unha aldea situada na Serra do Xuido, provincia de Pontevedra. As Chozas é tamén un proxecto de ecoaldea formado por 14 persoas e que actualmente se atopa en pleno proceso de construción sendo un banco de probas de deseño permacultural así como de técnicas de bioconstrución e outras técnicas sostibles. Ao longo dos meses de xullo e agosto realizaremos a seguinte serie de traballos e actividades. Invitámosche a participar se estás interesade@.

Curso Permacultura As Chozas -

Actividades:

* Traballo con barro e palla: encintado, enfoscados e rebocos, chans.
* Construción dun ariete hidráulico.
* Traballos de carpintería e cantería en pedra.
* Construción dun baño seco.
* Curso de permacultura (ver máis abaixo).

Ademais destes traballos realizaremos varios talleres abertos a tod@s. Estes talleres serán unha toma de contacto sobre os conceptos básicos de cada tema. O programa de talleres é:

1. Que é a comunicación asertiva: Domingo 1 de Xullo.
2. Funcionamento en grupos e visión común: Domingo 8 de Xullo.
3. Consenso. Como usalo na toma de decisións: Domingo 15 de Xullo.
4. Clase de iniciación de Ioga Igengar: Domingo 22 de Xullo.
5. Coñecemento da zona. Paseo na natureza: Domingo 29 de Xullo.

Para mais información sobre estes talleres escribir a beatriznietonovoa (arroba) hotmail (punto) com - cesarfp73 (arroba) yahoo (punto) es

A estancia para @s participantes é gratuíta. Se queres participar é importante avisar con antelación: trebelho14 (arroba) yahoo (punto) es (657485859 – 661466690)


Curso de certificado de Deseño en Permacultura en Galicia:
Cultura Permanente - Deseño de asentamentos humanos sostibeis
13-28 Agosto de 2007

(Documento do curso en PDF (tamén adxunto no artigo):  http://www.box.net/shared/ss0k96gtbb)

O curso terá lugar no Lugar de As Chozas (Concello de A Lama – Pontevedra)

O Curso de Certificado de Deseño en PermaCultura está recoñecido en todo o mundo e consiste en 72 horas mínimas de ensinanza + práctica en deseño, que cobren os fundamentos da PermaCultura. Só pode ser certificado por os Diplomados recoñecidos por a Academia Internacional de PermaCultura.

5 módulos de venres, sábado e domingo

* MÓDULO 1: Coidar á Xente
14, 15 e 16 de Agosto
* MÓDULO 2: Técnicas de Deseño
17, 18 e 19 de Agosto
* MÓDULO 3: Coidar á Terra
20, 21 e 22 de Agosto
* MÓDULO 4: Eco-tecnoloxía-Bioconstrucción
24, 25 e 26 de Agosto
* MÓDULO 5: Eco-economía e Compartir
27, 28 e 29 de Agosto

Cada Cursiño / Módulo de 3 días ten a súa certificación como cursiño / módulo independente. Os 5 módulos completos (90 horas), dan dereito ao Certificado de Deseño de PermaCultura homologado por a:

Academia de Permacultura Nodo Espiral España ( http://www.geocities.com/reddepermacultura)

Información e inscricións: trebelho14 (arroba) yahoo (punto) es (661466690). Prazas limitadas.

O curso está indicado para persoas de todas as idades,técnicos que traballan en axendas 21 locais, agricultores e gandeiros ecolóxicos, estudantes, técnic@s e traballadores agrícolas e forestais; amais de persoas que estean a desenvolver actividades sostíbeis: granxas, hortas, turismo rural, asociacións, colectivos…

As dimensións do curso, deben de ofrecer @s participantes respostas e alternativas, coa aplicación dos principios de PermaCultura, para a producción de alimentos, a xestión do hábitat e o deseño da economía e da vida comunitaria.

Custo do curso:

* Inversión na túa Formación e
* apoio á Rede de PermaCultura

* Módulo (3 días): 200€ / 150€(*)
* Curso (5 módulos/15 días): 750€ / 675€(*)

Desconto do 10% por cada amig@ que apuntes.
(*) Se pagas a totalidade, antes de 15 días da celebración do módulo ou do curso.
Para becas e trocos, consulta connosco.

O custo cubre: Clases teóricas e prácticas, material de apoio, seguro de accidentes e responsabilidade civil e certificado de asistencia.

Aloxamento:habilitarase zona de acampada. Necesario traer tenda.

Manutención: As Chozas ofrece a manutención por 10 € dia .Inclúe almorzo,comida e cea vexetarianos. Pódese pagar a manutención como troco por traballo de biconstrución antes o despois do curso. Consultar a organización.

¿Que é o Desenvolvemento Sostíbel?

“É o que da satisfeito as necesidades presentes sen afectar a capacidade de futuras xeracións para dar satisfeito as súas propias necesidades” (Nacións Unidas, Comisión Bruntdland).

¿Que é a PermaCultura?

¿Desenvolvemento ou Cultura?
Sostíbel = Permanente
PermaCultura = Cultura Permanente

A Axenda 21 local é a teoría, a PermaCultura é a práctica

O Deseño de PermaCultura é o conxunto de coñecementos, filosofías e técnicas (ancestrais e modernos), para chegaren a construir una Cultura Permanente.

Re-deseñamos a producción de alimentos, a vivenda, a tecnoloxía, o proceso de desenvolvemento comunitario, os sistemas legais e financieiros para conseguir os obxectivos do Desenvolvemento Sostíbel.

Programa

13: Benvida

14, 15 e 16: Coidar á xente

* Principios e Directrices: Aprendizaxe Activa, Estructuras de Apoio, O Proceso Científico, Modelos e a Mente Humana, Patróns, o traballo de S. Covey e E. de Bono.
* Deseño da DestructoCultura: Globalización, Economía e 'Desenvolvemento', Leis da Natureza, Ishmael, Dinámica Espiral, Teoría de Gaia, Comercialización da Espiritualidade e 'Ecoloxía Profunda', Saúde.
* Sostibilidade ¿Que é?: Deseñar Procesos e Grupos Efectivos, Técnicas de Facilitación, Axenda Local 21, Pobos Orixinarios.

17, 18 e 19: Técnicas de deseño

* Principios: Motivación do Deseño, Erros, Establecemento e Mantenemento de Sistemas, Aplicación de Principios.
* Técnicas de Observación e de Organizar Información: Seren Deseñador, Principios de Gremios, Zonas, Sectores.
* Técnicas de Deseño e Avaliación; Bosques Comestibles; Visionar, Deseños en Pequena e Gran Escala; Mapas.

20, 21 e 22: Coidar á terra

* Solo: Topografía, Movementos de Terra, Desertización, Sucesión Natural, Saúde do solo, Cultivo Sinerxico, Ciclos Vitais (Oxíxeno, Carbono, Nitróxeno, Etileno etc.).
* Auga: o Ciclo Hidrolóxico, Conservación e Almacenamento, Reciclaxe de Augas, Acuicultura, Deseños Prácticos.
* Plantas e Animais: Bosques, Efectos Climáticos, Agroforestería, Granxas Sostibeis, Especies Autóctonas e Locais, Práctica da Conservación do Patrimonio Xenético, Importancia da Selva.

24, 25 e 26: Eco-tecnoloxía e Bioconstrución

* Recursos: Xerarquía de Recursos, Residuos, Reciclaxe, Compost, Recursos Sociais, Innovación.
* Enerxía: Leis de Termodinámica, Enerxía Renovable, Tecnoloxía Apropiada, Solar, Enerxía en Materia e EMERGY.
* Bio-Construcción: Varios Tipos, Exemplos, Principios, EarthShips, Control de Temperatura, Lexislación.

27, 28 e 29: Eco-economía

* Economía: Moeda Verde, Troco, Recursos Locais, Cooperativas, Sustento Xusto, Economías en Transición.
* Proxectos Sostibeis: Crear e Manexar Micro-Empresas, Proxectos Sociais, Financiación Ética e Sostíbel.
* Ecoaldeas: Comunidades, Redes Efectivas, Organización Biorexional, Nacións e Culturas, Sostibilidade Local e Global.

O programa adaptarase ás peculiaridades de Galicia e da Bio-rexión Galaico Portuguesa.

Descrición do lugar

O lugar de As Chozas atópase a 25 Km. Da cidade de Pontevedra,no concello de A Lama. As Chozas é un proxecto de ecoaldea formado por 14 persoas.

Despois de moito buscar un lugar no que levar a cabo a nosa idea de vivir no rural de xeito sustentable dimos con esta pequena aldea onde adquirimos varias construccións en pedra e mais de dúas hectáreas de bosque autóctono,prados e horta. Actualmente o proxecto atópase en plena fase de construcción sendo un banco de probas de deseño permacultural así como de técnicas de bioconstrcción e outras técnicas sustentables.

Agora mesmo se dispón de unha casa practicamente rematada que servirá como aula e estamos acondicionando os servicios necesarios para aloxar ós participantes do curso; cociña, duchas…

Non dispomos aínda de lugar para aloxamento polo que se habilitará unha zona de acampada.

O concello de A Lama é un dos máis montañosos da provincia de Pontevedra. Se caracteriza sobre todo pola rede fluvial formada polos ríos Verduxo e Xestas que atravesan o territorio conformando os seus vales e formando bosques de ribeira salpicados con multitude de pozas.

Fonte: As Chozas