Xornada pola cultura libre, o venres 6 no Cineclube de Compostela
Blanqui
,
03.07.2007, (Id: 11638)
Como xa se anunciara ao seren condenadas a 250 euros por unha proxección libre e gratuíta, o Cineclube de Compostela convoca unha xornada pola cultura libre. Proxeccións, poesía, teatro e música sucederánse este venres 6 de xullo no Pichel, a partir das 19:00 horas. Eis o programa:
Cartaz da xornada
WE’RE ONLY IN IT FOR THE MONEY
VENRES 6 DE XULLO. A PARTIR DAS 19:00
O PICHEL
* Proxeccións:
House at Pooneil Corners [One PM] (House at Pooneil Corners, Jean-Luc Godard, EUA, 1968, 8 min)
O tigre saltou e matou, mais vai morrer…, vai morrer… (El tigre saltó y mató, pero morirá…, morirá…, Santiago Álvarez, Cuba, 1973, 16 min)
Comida (Jídlo, Jan Svankmajer, Checoslovaquia-Reino Unido, 1992, 14 min)
* Poetas piratas
* Karaoke lírico
* Teatro:
Berrobambán Teatro
Clara Gayo (O brazo armado da SGAE)
* Música:
O Leo i Arremecághona!!!
Ataque Escampe
Deluxe Non
Dj. Marx & Dj. Engels
proletarius,
04.07.2007 (Id: 8162)
Parabens e todo o apoio desde Corunha, desde o fundo da trastenda do Atreu! do Hacktreu, do Olholivre, das Invissiveis.....
aupa com a CulturaLivre....!!!
bjs