Primeira resposta á acción policial do pasado mércores na coruña
Olholivre
,
01.09.2007, (Id: 12123)
Pendurada unha faixa na rúa real como primeira resposta á última actuación policial contra as migrantes.
r/Real corunhesa :: 21:00h ::
A comunidade migrante sigue amosando resistencia á vileza das que pretenden negarlle o acceso a esta rúa. Activistas do CS A Treu! e as Invisibeis comunícanlles que se vai a realizar unha acción a modo de contestación á actuación policial do pasado mércores e ás suas responsabeis.
Logo de agradecer a iniciativa, as compañeiras abandoan a rúa, esta vez libres e voluntariamente, para que minutos despois se pendure unha faixa coa lenda "NENGUNHA PERSOA É ILEGAL, ESTA GUERRA ÍMOLA PARAR" co apoio das persoas que a esa hora se atopaban na rúa, nun exercicio que servíu para demostrar que, por máis que coactivamente ás migrantes se lles negue a posibilidade de comunicar, existe aínda unha cooperación social que posibilita que estas non sexan silenciadas.
*****Para o vindeiro luns hai convocada unha deriva transfronteiriza que partirá ás 20:00h do Teatro Rosalía de Castro.
Mónada Nómada 0.1,
01.09.2007 (Id: 8611)
Nenhumha migrante é ilegal!
Que siga a loita pola aboliçom do régime de fronteira: nom ao poder soberano!
Si ao poder constituinte da multitude migrante, precária e cognitária!
Afondemos na estratégia do éxodo!
Cada golpe molécular conta contra do Império!
Interrompamos os fluxos reificadores da publicidade e o marketing até colapsar a tecno-estructura e dispositivos para-fascistas dos controis policiais!
Abaixo o comércio capitalista: viva a pirateria e o software livre!
Um, dez, cen, mil sabotages à sociedade de consumo!
Libertemos a cultura!
Parabéns pola iniciativa!
KdL,
01.09.2007 (Id: 8614)