Parkour umha forma de luita?
Iago
,
17.10.2007, (Id: 12676)
O Parkour: arte e disciplina soçal que rompe cos esquemas de esta sociedade mundializada.
Umha disciplina livre?, um novo deporte?, umha nova forma de integraçóm?, Umha nova forma de luita contra as lóxicas do sistema e do espaço human cada vez mais privatizado?
Que é o Parkour?
O Parkur ou “ arte do desplazamento” é umha arte ou forma de vida que aparece em Francia, em Lisses a principios dos anos 80 a iniciativa e desarroio da imaxinaçóm de David Belle e Sebastian Foucan dous xovenes que a raiz das ensinanzas do pai de Belle ( um soldado Vietnamita) e a partir do movemento natural de George Hébert inventarom um arte, umha forma de percorrer o espaço urbam, natural e human superando barreiras limites fronteiras e rompendo coas concepcions do espaço impostas por ista sociedade mundializada.
Belle e Foucan levaron este entretenimento ao principio a umha realidade que os enfrenta día a día ( suburbios de Lisses) cos seus medos, limites pessoais e instituçoais de ista sociedade. Dista maneira creouse o Parkour que defende umha ruptura cos esquemas e limites establecidos pola lóxica capitalista da vida, polo modelo de vida que nos pretendem impoñer. Esta disciplina require non só umha preparacçóm mental se nom tamen física, un espirito de superaçóm sen competitividade buscando a fluidez e a soltura de movementos.
O Parkour trata de reutilizar o entorno dumha forma diferente, dumha forma rupturista, adaptarse ao medio no que nos movemos sem convertelo numha rutina, sem seguer caminhos nim lineas establecidas, buscando o teu propio caminho, rompendo com tudo. Trata de crear o caminho de cada um, um recorrido propio, buscar a libertade num espaço cerrado limitado e establecido como forma de limitaçom soçal.
Os que practicamos este "deporte" chamamonos Traceurs (trazadores) que vem do frances ao igual que a palavra do propio arte.
O parkour require um grande entrenamento e umha grande forza mental para superar o medo e prepararte para o seguinte salto, carreira, caida...
Nom é necesatio practicar esta disciplina en grandes alturas nim realizar grandes saltos se nom que cada cal se marque os seus limites, medos e que pouco a pouco vaia superando esas barreiras.
O Parkour ten bastante mala fama e vese como un arte moi perigoso, pero esta concepción é totalmente érronea xa que con entrenamento o parkour pode ser um exercizo como outro calquera.
A mala fama venlle devido a sua forte carga de “deporte” undergroud e rupturista que utiliza o espaço dumha maneira livre.
Para concluir este pequeño artigo queda dicer que a filosofia de este arte ou forma de vida resumese en :
“ Ser e Durar”
Iago,
17.10.2007 (Id: 8960)
Pasavallas, salto par superar obstaculos
De Pasavallas a precisión
Aqui mando algumhas fotos de xente practicando parkour.
Aqui vai o enlace da paxina mais importante da España de parkour.
www.umparkour.com na seccion multimedia podedes ver videos e de mais cousas.
" Ser e durar"
" nom existen límites, solo obstaculos"
contratodopronóstico,
18.10.2007 (Id: 8979)
Ser e durar no fío, aprender a precisión do pracer, aproveitarnos dos muros e dos aramios.
gongh,
19.10.2007 (Id: 8985)
Me declaro parkouriano aficionado, e teño un minicircuito trazado pola zona da Torre de Hércules... pero é un vicio privado...
Longa vida ós free-runners!