vigo,
06.12.2007 (Id: 9461)
6 de Dezembro de 2007
A polícia espanhola realizou umha violenta carga contra as pessoas concentradas em frente da esquadra de López Mora, em Vigo. Mais de 60 pessoas estavam já concentradas, convocadas por NÓS-Unidade Popular, exigindo a liberdade de Santiago, Crístofer, Carlos e Alexandre, quando os fardados espanhóis iniciárom umha carga para tentar desfazer o acto de protesto.
Temos notícia directa da existência de vários contusionados e contusionadas, incluindo umha pessoa com um dedo roto, mas a acçom policial fracassou na sua tentativa de dispersar a concentraçom. Mais pessoas continuam a chegar ao lugar e o tránsito foi cortado, em meio de gritos pola liberdade dos quatro independentistas detidos.
Encorajamos as pessoas solidárias de Vigo e arredores a assistir ao lugar até conseguirmos libertar os quatro companheiros presos polo "grave delito" de se manifestarem pola autodeterminaçom da Galiza
www.nosgaliza.org,
06.12.2007 (Id: 9463)
http://www.nosgaliza.org/principal.php?pag=lernot&id=1358
A concentraçom convocada em Vigo por NÓS-Unidade Popular depois da detençom de quatro militantes no fim da manifestaçom convocada por Causa Galiza, foi atacada pola polícia espanhola, que contusionou várias pessoas, mas nom conseguiu dispersá-la.
Por volta de 120 pessoas continuam concentradas para reclamar a liberdade dos quatro militantes independentistas, que poderiam ser acusados de “injúrias à coroa” em relaçom com a queima de um boneco que representava o chefe do Estado nomeado por Franco, Juan Carlos de Bourbon.
As pessoas concentradas em frente da esquadra de López Mora coreiam palavras de ordem em defesa da liberdade de expressom e manifestaçom, e pola liberdade dos quatro militantes de NÓS-UP, tendo aumentado o número ao longo de toda a tarde.
Causa Galiza denunciou a detençom dos quatro independentistas e aderiu à concentraçom convocada por NÓS-UP na tarde de hoje.
Liberdade para Santiago, Crístofer, Carlos e Alexandre!
A Galiza nom tem rei, nem o quer!
AUTODETERMINAÇOM PARA A GALIZA!
;-),
06.12.2007 (Id: 9465)
Mas isto da "repressom" já o tinhades calculado e programado, nom é?
lume,
06.12.2007 (Id: 9466)
Na web
http://www.agalega.info/videos/ na segunda páxina o primeiro video e o que saliu na telegaita do de hoxe. Se alguem sabe descargalo que o colgue, ou xusto o enlace que eu nom dou.
santos,
07.12.2007 (Id: 9467)
http://br.youtube.com/watch?v=VbmVhjRfss4
VIDEO RELACIONADO: reportagem da connivência do Borbom com a ditadura fascista que incorpora imagens da queima do boneco o 6D em Vigo.
cereixa,
07.12.2007 (Id: 9476)
Penso que hai unha confusión. A maioría da xente que estaba alí acudía a solidarizarse e pedir a liberdade dos detidos, non a unha convocatoria de Nós-UP. Realmente foi unha autoconvocatoria popular onde os asistentes sentiron que non podían quedar sos os detidos independentemente de quen fosen. Había moita xente comendo no Faisca e en canto se tiveron noticias das detencións un sentimento unánime de que había que ir aló apoderouse de todo o mundo. Toda esa xente uneuse ós 10 ou 12 membros de Nós-UP que xa estaban alí dende había ben tempo. Por tanto a maioria das persoas non acudiron a un acto de Nós-UP senón a un acto de solidariedade. Se o grupo fose calquera outro posiblemente as mesmas persoas estivesen alí tamén.
gz,
07.12.2007 (Id: 9477)
Lamentável como Primeira Linha volve tentar instrumentalizar a repressom. Sabiam perfeitamente as conseqüências que poderia ter a queima do retrato do Borbom, algo que nom estava falado em Causa Galiza e que foi iniciativa particular dumha organizaçom política com o objectivo de ganhar protagonismo para as suas siglas, cada vez mais mortas.
Assim nos vai.
GZ,
07.12.2007 (Id: 9481)
Já estám os provocadores de turno, aproveitando que o minho passa por lugo, para dar canha... espero que ninguém caia em provocaçons e nom se dê outro espectáculo dos habituais.
Antimanipuladores,
07.12.2007 (Id: 9483)
Andade ao lio que um dia ides levar ate no carné.Mentirosos.Sodes peor que os media.Solidaridade si pero com dous detidos galegos nom com dous detidos de nos-up.A farsa esta a rematar.
galego ainda nom detido,
07.12.2007 (Id: 9484)
Em Mugardos o outro dia tamém houvo varios "detidos galegos", por corrupçom urbanística. Se do que se trata é de solidarizar-se com "detidos galegos", solidariedade tamém con eses, nom é?
Ah, nom, que o problema é que havia que ocultar que os de Vigo eram militantes de unha organización concreta, porque o dis ti. ai, ai, ai... a alguns cega-vos tanto o sectarismo que até vedes dous onde habia catro :-)
um q estivo na mani e na concentraçom,
07.12.2007 (Id: 9486)
Estava acordado nalgumha reuniom de Causa Galiza a queima do Borbom?
maruxa,
09.12.2007 (Id: 9511)
Eu tamén estiven a comer no C.S.Faísca. Concordo co comentario de Cereixa. E porque a cada pé o seu zapato, hai que dicir que foron coñecidos militantes do Organismo Popular Anti-Repressivo CEIVAR os que informaron e organizaron á xente que alá estabamos. Eu mesma vim como xunto a outras compañeiras e compañeiros independentistas deixaban a comida no prato para arroupar aos compañeiros detidos e organizar a resposta social baixo a fórmula de concentración popular autoconvocada.
Puxeron en marcha o seu organismo, os seus recursos non as suas siglas compañeiras. Porque todas soubemos depois que CEIVAR non fora informado das detencións pola organización á que pertencen os detidos. Organización que non recoñece CEIVAR e que a degrada cando pode. Deu un verdadeiro exemplo de solidariedade antirepresiva e non sectarismo.
A solidariedade antirepresiva ten que ir alén de siglas, desencontros e antipatias como exemplarizou o Organismo Anti-Repressivo CEIVAR.
Solidariedade ante a repressom española!!
Adiante pola autodeterminación nacional!!
freedom,
09.12.2007 (Id: 9513)
E logo nom houvo um comunicado de Nós-UP agradecendo o apoio e a assistência de todos e todas à concentraçom?
Está claro que houvo umha importante solidariedade activa de muita gente e Nós-up reconheceu-no publicamente (está posto na sua web). Outra cousa é que fosse abandonar os seus militantes em maos de nom sei que suposta associaçom anti-repressiva, que nom perde ocasiom para mostrar o seu ódio por nós-up e todo o que representa.
Naturalmente que NÓS-UP assummiu a responsabilidade que lhe correspondia convocando e concentrando-se em defesa dos seus militantes, como faria qualquer organizaçom responsável quando lhe detenhem gente.
A solidariedade agradece-se mas os que queiram medalhas "antirrepressivas", que comecem por buscar num dicionário o significado da palavra "respeito".
Maruxo,
09.12.2007 (Id: 9515)
Maruxa, o "deber" dun organismo antirrepresivo é facer xustamente o que ti comentas que fixéron @s membros de Ceivar. De que admirar-se de que deixasen a comida no prato? Ian continuar a comer tan tranquil@s entanto se inteiraban de que acababan de deter 4 manifestantes da Causa Galiza?
Haberá que preguntar por que a xente de Nós-UP non quixo informar das detencions ó organismo antirrepresivo independentista, e só despois criticar se avisáron ou non. Cando unha organizacion independentista decide pagar advogad@s pola sua conta, tendo ao seu dispor os que Ceivar ofrece á militáncia independentista víctima da represion, hai que pensar que algo se coce.
Cando alguén di "deixa que me defenda eu só(a)",
algo acontece.
Solidariedade con todas as persoas represaliadas, independentemente das siglas ou non siglas
um que estivo na AMI,
09.12.2007 (Id: 9519)
Respondendo a quem pergunta a Nós UP e Primeira Raia "Estava acordada nalgumha reuniom da Causa Galiza a queima"?,
perguntamos:
acordou-se algumha vez na AMI que 2 militantes noss@s fossem supostamente colocar 1 mochila à Caixa Galicia no marco dos actos que organizamos para o Dia da Pátria 2005? E que fossem direitinh@s à cadea? E que a causa disso abrissem umha operaçom na Audiencia Nacional contra a organizaçom AMI?
maruxa,
10.12.2007 (Id: 9531)
Resulta moi obscurantista o comentario do maruxo, pois recoñece o labor de CEIVAR:
"..o "deber" dun organismo antirrepresivo é facer xustamente o que ti comentas que fixéron @s membros de Ceivar".
"..tendo ao seu dispor os que Ceivar ofrece á militáncia independentista víctima da represion"
Pero sobretodo se agacha no obscurantismo para colocar panos quentes á actuación sectaria, e após todo o visto e lido, instrumentalizadora e manipuladora (de moitas persoas e da propia Causa Galiza) da dirixencia de NÓS-UP.
"NÓS-UP convoca concentraçom às 17h30 em frente da esquadra policial de López Mora" "Causa Galiza denunciou a detençom dos quatro independentistas e aderiu à concentraçom convocada por NÓS-UP na tarde de hoje" "A concentraçom convocada em Vigo por NÓS-Unidade Popular depois da detençom de quatro militantes no fim da manifestaçom convocada por Causa Galiza, foi atacada...,mas nom conseguiu dispersá-la. Por volta de 120 pessoas continuam concentradas.." Estes fragmentos foron tirados do WEB de NÓS-UP.
A realidade foi descrita por cereixa e por mim propia, unha concentración popular, e mais escrita no seu blog por Causa Galiza:
"Causa Gz apoia a concentración popular en repulsa por estas detencións convocada para as 18 horas desta tarde diante da Comisaría da policía española da rúa López Mora de Vigo".
Porque para obscurantistas estes comentarios:
"Haberá que preguntar por que a xente de Nós-UP non quixo informar das detencions ó organismo antirrepresivo independentista"
"..hai que pensar que algo se coce"
"Cando alguén di "deixa que me defenda eu só(a)",
algo acontece "
Nen un só argumento, todo especulación e obscurantismo.
Daquela deberia ser NÓS-UP (non calquer paspan) quen explicase porque razóns non comunica a detención de militantes ao organismo antirrepresivo independentista CEIVAR, que é o que se coce logo?
Ao fanático freedom só lle direi duas cousas:
1.Non creo que comunicar a detención de militantes impedise que ó tempo se actuase como organización facendo o que considerase oportuno.Ninguén ten que abandoar ós seus militantes em maos de ninguén, é simplemente cuestión de aceder a recursos de denúncia social, cobertura xurídica..
2.Has dicir cando e onde mostrou CEIVAR o seu odio a NÓS-UP e todo o que representa. Con dados contrastados por favor.
*Trouxen a cuestión de CEIVAR a colación non por lle poñer medallas (que para min as merece) senón de reflectir nunha atitude, precisamente contraria á que tu expós, de non sectarismo nen instrumentalización pola sua parte. Polo menos iso foi o que se mostrou o 6-D aos ollos de moita xente. Actitude que me parece imprescindibel para avanzarmos como movemento.
freedom,
10.12.2007 (Id: 9536)
"aceder a recursos de denúncia social, cobertura xurídica"???
Tu flipas. Pensas que nós-up nom tem cobertura jurídica própria? pensas que depende de que Ceivar lhe busque advogado? pensas que os 4 companheiros ficárom sem protecçom jurídica??
"recursos de denúncia social"?? Seica Ceivar tem umha televisom privada, jornal próprio, ou que "recursos" som esses?
Por favor, baixa dos mundos de yupi.
Maruxo,
10.12.2007 (Id: 9537)
xa dirás, Maruxa, que falta de claridade amosa o meu anterior comentário
"Haberá que preguntar por que a xente de Nós-UP non quixo informar das detencions ó organismo antirrepresivo independentista".
Penso que nengunha; só dixen iso, que se Nós UP informou ou deixou de informar Ceivar, a el@s haberá que perguntar as razons que tivéron.
Que imos especular senon os demais??
Non o considero comentário obscurantista nen especulador nen carente de argumentacion, senon unha argumentacion en si própria, do tipo:
"se Fulano non me fala, haberá que perguntar a Fulano as razons que ten".
Mais nada.
O de "Cando alguén di "deixa que me defenda eu só(a)",
algo acontece", penso igualmente que xá é un bon argumento en si tamén.
Independentemente de quen "teña razon" ou deixe de té-la, Maruxa.
Non percebo onde, segundo ti, coloquei paños quentes á actuacion sectária ou non sectária de Nós UP. Non entro a valorar se tal actuacion o foi ou non, pois non estaba ali.